A Red Madre usa de balde un piso de emerxencia social en Santiago
A oposición compostelá pide explicacións polo uso que o colectivo antiabortista lle dá a unha das vivendas propiedade do Concello que, entre outros usos, estaban destinadas a atender persoas con dificultades sociais como os desafiuzamentos. O piso foille cedido en outubro de 2012 á entidade promovida polo Foro de la Familia.
"Pedir un protocolo contra o ébola en Lugo é ridículo e racista"
Representantes do sindicato CSI-F na Policía Local lucense reclámanlle ao Concello un protocolo "ante posibles casos de ébola" entre os vendedores ambulantes do San Froilán mentres Sanidade apela á "total tranquilidade" sobre a enfermidade en Galicia. O Foro Galego da Inmigración ve no "descoñecemento" a orixe desta petición con "tintes racistas".
Educación traslada a Internet a súa cruzada contra os colexios 'rebeldes'
A Consellería de Jesús Vázquez acumula na súa web reprimendas contra centros educativos que denuncian carencias materiais ou de profesorado no inicio do novo curso.
O Parlamento aproba cumprir a nova lei da TVG, aprobada hai tres anos
O PP accede a apoiar unha iniciativa do PSdeG que insta o Goberno a aplicar as previsións da lei dos medios públicos, cuxos primeiros preceptos tiñan que estar en vigor dende xuño de 2012.
O TSXG investiga a Paula Prado por fraude e tráfico de influencias
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ve "indicios" de que a deputada e ex voceira do PPdeG puido incorrer en condutas delitivas durante a súa etapa como concelleira en Santiago. Os investigadores atribúenlle unha factura "inchada" e diversos enchufes en concesionarias do consistorio da capital.
Os datos desmenten a Feijóo, que teima en que o seu orzamento é o máis social da historia
O presidente asegura no Parlamento que "nunca utilizamos tanta porcentaxe do orzamento para política social" pero o Ministerio de Facenda rexistra tres anos de caídas en termos porcentuais. En cantidades absolutas as contas públicas con máis cartos para partidas sociais foron as de 2009.
A Xunta ataca o profesorado dun instituto por denunciar o mal estado do edificio
A Consellería de Educación carga contra o claustro do IES da Pobra do Caramiñal, que reclama o arranxo de deficiencias no centro como filtracións de auga, barreiras arquitectónicas ou curtocircuítos que chegaron a derivar en "incendio". O departamento de Jesús Vázquez acúsaos de facer "política" e de "poñer os seus intereses por riba doutros centros educativos". Galería de imaxes no interior
Seis normas do novo código ético da Xunta que xa existían
O Goberno galego publicita o seu código ético como un "impulso da transparencia e a rendición de contas" pero boa parte do texto limítase a prohibir condutas xa tipificadas como delitos ou xa vetadas por normas anteriores como a Lei de Transparencia.
A década na que a mocidade galega foi varrida do mercado laboral
A mocidade pasou de representar unha cuarta parte da poboación galega con traballo a ser pouco máis do 10%. A xente nova con traballo descendeu en case un 50% dende o ano 2000
Galicia, á cola do Estado en avance do autogoberno dende o retorno do PP
Os gobernos autonómicos galego, navarro e murciano son os únicos que non sumaron ningunha nova competencia na última media década. Mentres, Euskadi obtivo 14 novos traspasos e Catalunya, 9. O gabinete de Rajoy aprobou transferencias para Balears, Canarias, Valencia, Castilla-La Mancha e Madrid.
Os desaloxos de vivendas alugadas duplican os hipotecarios en Galicia
Colectivos como Stop Desafiuzamentos apelan á responsabilidades das Administracións para axudar as persoas en risco de quedaren sen casa. A Xunta asegura que atende a problemática no marco das súas competencias.
Feijóo culpa a oposición de "baixar o nivel da política"
O presidente da Xunta acusa os "outros partidos" de degradar a acción política nunha convención do PP de Ourense na que os líderes do PSOE e Podemos foron definidos como "os Picapiedra". Rueda encoméndalle ao novo voceiro do partido velar pola "unidade da mensaxe" e reformular a política de comunicación.