"Hai a quen lle gustaría que as municipais fosen a proba de lume de CxG e fracasase, pero non vai suceder"
ENTREVISTA Xoán Bascuas, secretario xeral de Compromiso por Galicia, admite que, a priori, o local é o ámbito no que mellor se poden medir as forzas do partido, que se lanza á carreira do 24-M cunha convención nacional en Compostela.
Persoeiros históricos e vermú para a precampaña compostelá
O BNG dá conta das súas propostas xunto a unha representación de Rosalía de Castro, As Marías, Xelmírez e Ánxel Casal. Compostela Aberta presentará a súa candidatura o vindeiro sábado cunha sesión vermú.
A xuíza da Pokémon investiga datos fiscais de Carlos Negreira e Jesús Vázquez
Pilar de Lara autoriza incorporar á investigación da trama datos de Facenda do alcalde da Coruña, do candidato do PP en Ourense e do presidente da Deputación coruñesa e di que a información dos ordenadores do consistorio ratifica a existencia dunha rede de enchufes.
O taboleiro urbano: 72 opcións para os novos concellos das cidades galegas
Na noite do 24-M boa parte das olladas van estar postas no que tradicionalmente vén sendo o principal termómetro electoral das municipais en Galicia: as sete cidades. O electorado galego terá diante de si 72 candidaturas para conformar as súas corporacións.
"Os políticos debemos procurar que haxa cero corrupción e esixir o mesmo á sociedade"
ENTREVISTA Xosé López Orozco concorre por cuarta vez como candidato á reelección como alcalde de Lugo polo PSdeG. Asegura ter a "ilusión" do primeiro día e sitúa o problema demográfico como o primeiro da axenda. O rexedor socialista maniféstase convencido de que as imputacións xudiciais que o afectan van "desaparecer" e ve "estupendo" a aparición de novas forzas políticas, coas que non desbota pactar.
Os debates municipais abertos xa dependen só das candidaturas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia formula unha proposta de debates electorais con todas as candidaturas que "teñan interese informativo". PSdeG, BNG, CxG e as múltiples plataformas cidadás amosan a súa disposición a acudir, mentres o PP mantén os seus matices.
Gerardo Crespo pediu en febreiro que a súa consultoría non poida impartir cursos da Xunta
Traballo tramita a petición do presunto líder da trama Zeta para dar de baixa Azetanet no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego.
Axuda galega para paliar as secuelas dos ataques israelís na infancia de Gaza
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade financia o tratamento psicolóxico de nenas e nenos con traumas a causa dos bombardeos. A ONU reitera o chamamento de emerxencia humanitaria nos campos de refuxiados.
Un ex edil do PP con Conde Roa, candidato de Ciudadanos en Santiago
Javier Sánchez-Agustino, militante popular ata hai escasas semanas, ponse á fronte do partido de Albert Rivera en Compostela tras semanas de dura crise interna. O agora alcaldable reiterou durante anos a súa "identificación ideolóxica" con Alberto Núñez Feijóo.
As persoas sen fogar detectadas por Cáritas en Galicia duplican as estatísticas oficiais
O INE rexistra 1.900 persoas sen fogar no país, e Cáritas, máis de 3.600. A ONG reclama unha reforma da política hipotecaria e de alugueiro mentres a Xunta apela ás "prazas libres nos albergues".
Feijóo xustifica o apoio a ENCE coa recesión económica malia ser maior cando prometeu o traslado
O presidente da Xunta apóiase na situación da economía para explicar o seu cambio de posición pública, aínda que o PIB decrecía máis tanto en 2009 como en 2012, cando incluíu a saída da fábrica no seu programa electoral. Lores subliña que o PP sempre "apostou" por manter a pasteira na ría.
Debates electorais en Galicia: vinte anos de condicións
As limitacións dispostas pola dirección galega do PP para os debates dos seus candidatos nas cidades anticipa unha confrontación semellante ao doutras convocatorias electorais, nas que Feijóo se negou a debater con PSdeG e BNG á vez. Na súa etapa na oposición o actual presidente si acudiu a encontros televisados a varias bandas.