Cando Weber escandalizou a Feijóo
O presidente da Xunta carga contra AGE por sinalar que o Estado se "reserva o exercicio da violencia" e acusa a coalición de exercer a "maior violencia que tivemos en trinta anos de democracia". O titular do Executivo mantén tamén, en resposta ao BNG, que Castelao "estaría de acordo comigo" en materia de política tributaria.
A Deputación de Ourense ten que devolver 10 millóns da UE por "irregularidades graves"
Baltar Blanco anuncia un recurso contra a resolución do Ministerio de Facenda que lle reclama á institución provincial as subvencións recibidas "indebidamente" para un plan de depuradoras investigado pola Oficina Europea de Loita contra a Fraude dende hai catro anos.
Audasa ignora á Xunta e cobra malia provocar atascos superiores aos 3 quilómetros
A concesionaria da AP-9 volve provocar grandes retencións no seu posto de peaxe de Teo e evita erguer as barreiras malia non prestar o servizo ofertado. A autoestrada, cuxa concesión non remata ata 2048, acumula sete anos de perda de tráfico pero segue a incrementar as súas tarifas.
Cantos votos vale un presidente galego?
A reforma electoral que o PP propón para evitar Gobernos de coalición reactiva o debate sobre o aval cidadán das persoas titulares das presidencias e alcaldías. En Galicia o presidente da Xunta que tivo por tras máis sufraxios foi, precisamente, o nomeado por un acordo post electoral entre grupos políticos diferentes.
Municipais 2015: dos alcaldes co 40% dos votos á reconstrución da esquerda
Feijóo mantén que os rexedores e rexedoras de gobernos de coalición "non representan ao pobo" mentres o PSdeG ve o PP coa intención de "atarse á cadeira do PP" e o resto da esquerda e o nacionalismo explora fórmulas e acordos cara a maio do ano que vén.
As Catedrais pide "máis que boas palabras" para ser protexida
O Concello de Ribadeo reitera a necesidade de declarar a contorna de Augas Santas como parque natural para evitar a masificación e os riscos para o medio ambiente e os visitantes. A Xunta presenta un proxeto de medidas inmediatas de información e sinalización e un plan de conservación do monumento natural "a medio prazo".
Luz verde á subvención pública para estudar en castelán na escola privada
O Ministerio de Educación impón a obriga de pagar colexios privados ao alumnado cuxa familia considere que non recibe unha oferta "razoable" de ensino en lingua castelá. O departamento de Wert non estipula garantía ningunha para o ensino en galego, catalán ou euskera.
A Xunta indigna a vítimas do Alvia: "Non nos ofenda, señor Feijóo"
Persoas afectadas polo accidente de Angrois cren "indigno" que o Executivo lles conceda a Medalla de Ouro de Galicia mentres veta a investigación política do sinistro.
A Xunta desenténdese dos aeroportos tras gastar 30.000 euros nun plan para coordinalos
Feijóo evidencia que as competencias aeroportuarias son do Goberno central tras prometer en campaña a coordinación das tres terminais. Lavacolla, Alvedro e Peinador recuperan levemente viaxeiros no primeiro semestre de 2014 tras varios anos de perdas continuadas.
Sanidade ocúltalle ao Parlamento cantas camas pecha en Lugo durante o verán
O Sergas evita concretar en cifras o impacto no hospital lucense dos peches estivais, que neste 2014 chegan ao seu récord no conxunto de Galicia. Mentres, na cidade medra a indignación pola non instalación dos servizos hospitalarios prometidos en 2011.
Teñen que devolver os cartos os colexios que segregan por sexo?
A oposición e a CIG-Ensino, impulsora do recurso que anulou os concertos de 2009, esixen que os centros segregacionistas retornen os cartos recibidos "indebidamente" á Facenda pública mentres Feijóo pon o foco en PSdeG e BNG.
Angrois: homenaxe sen investigación política
A Xunta entregaralles ás vítimas e a quen as atenderon a Medalla de Ouro de Galicia no primeiro aniversario do accidente, que as persoas afectadas lembrarán cuns actos nos que rexeitan o "achegamento" de dirixentes políticos. Mentres, a instrución xudicial ralentízase e a indagación política permanece vetada.