Cando o PP renunciou a mudar a lei electoral a última hora
O 27 de agosto de 2012 Feijóo daba en adiantar as eleccións, aparcando o recorte do Parlamento que aínda mantén en trámite dous anos despois. Os conservadores valoran agora a pertinencia de ilegalizar en solitario os gobernos municipais de coalición.
A Xunta promete "froitos" da visita de Merkel malia á ausencia de Galicia nas xuntanzas
AGE e BNG piden explicacións polas cargas policiais e o delegado do Goberno de España acúsaos de "incitar a violencia". O alcalde de Santiago censura que as protestas anti troika non se celebrasen nunha data na que a chanceler alemá non estivese en Compostela.
Google sabe (e lembra) onde estás
Unha aplicación incluída no popular Google Maps rexistra a ubicación física dos terminais móbiles coa autorización das persoas que os utilizan, presentando de novo o debate entre privacidade e servizos en Internet. Iago Varela, editor de Mallandroid, explica as súas vantaxes e problemas.
Botar gasolina en Galicia é un 60% máis caro que hai dez anos
A poboación galega paga polos combustibles un dos importe máis caros do Estado. O país rematou xullo por riba de Francia ou Austria no prezo do gasóleo e supera a media do Estado en todos os indicadores. A Xunta aposta por incrementar os operadores no mercado para baixar os prezos e colectivos como Véspera de nada reclaman reducir a dependencia dos combustibles fósiles.
O machismo xa asasinou o duplo de mulleres en Galicia que en todo 2013
A muller asasinada pola súa parella este luns en Barro é a sexta vítima mortal da violencia de xénero en Galicia no que vai de ano. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos chaman a rexeitar as agresións de xénero na rúa con mobilizacións convocadas para a tarde deste martes.
Rajoy promételle máis recortes a Merkel con Santiago como plató
O presidente español garántelle á chanceler que non porá fin á "austeridade" nunha Compostela tomada pola Policía. A líder alemá apoia a De Guindos para presidir o Eurogrupo. Os antidisturbios cargan con dureza contra a protesta anti troika.
"O Goberno nega fármacos contra o cancro por razóns económicas"
A Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía salienta a "diferenza de trato" entre o "despregamento de medios" do Estado para atender o misioneiro enfermo de ébola e a negativa a subministrar tratamentos contra o cancro desatendendo o criterio médico e priorizando os motivos económicos. Falamos coa súa voceira, Montse Recalde.
Tragsa sanciona un bombeiro forestal por difundir fotos dun incendio
Un compoñente das brigadas de reforzo (BRIF) do Ministerio de Agricultura é suspendido con catro días de emprego e soldo por amosar unha imaxe do lume en internet. O creador da conta de Twitter 'Diario de un bombero' acusa a empresa semipública de "censura" e advirte de que a difusión de fotografías vai continuar.
O PP gobernaría Vigo e Lugo en 2011 coa reforma electoral de Rajoy
A asignación da maioría absoluta a quen obteña o 40% dos votos outorgaríalles as alcaldías viguesa e lucense a Corina Porro e Jaime Castiñeira, que gobernarían ante unha oposición con maior apoio cidadán que o deles. Se o bastón de mando fose para a forza máis votada os conservadores dominarían as sete cidades.
O PPdeG, entusiasmado con que Rajoy ilegalice as "coalicións populistas" nos concellos
Os conservadores teiman en asegurar que reformarán a lei electoral sen consenso e a escasos meses das eleccións municipais. No seu programa electoral de 2011 Rajoy prometeu non mudar as "normas básicas do Estado" sen "maiorías parlamentarias cualificadas".
A Xunta atendeu sete dependentes menos cada día no último ano
O sistema de atención á dependencia perde persoas beneficiarias dende a primavera de 2013, ano que por primeira vez rematou con menos dependentes atendidos que o anterior. Galicia é a cuarta autonomía co maior descenso nas axudas.
"Expulsada" dun campamento infantil na Coruña por ter diversidade funcional
A familia dunha nena con necesidades educativas especiais disponse a denunciar o gabinete de Carlos Negreira por impedirlle participar nunha actividade municipal que en anos anteriores contaba con monitores de apoio. O BNG local censura que a concellaría que "gasta 3,56 millóns en festas" relee a contratación deste persoal.