A investigación da Pokémon pediu imputar a Negreira por 'enchufes'
Vixilancia Aduaneira cre que o xefe de Véndex intercambiaba "recomendacións" por concesión de servizos públicos no Concello da Coruña co anterior e co actual goberno municipal. O alcalde coruñés asegura que as acusacións contra el son "absolutamente falsas".
O PP cesou as críticas sobre a ORA en Lugo tras reunirse cun presunto líder da Pokémon
Axentes de Vixilancia Aduaneira vixilaron unha xuntanza entre o delegado de Véndex en Galicia e José Manuel Barreiro na sede dos populares en Lugo.
Aduanas ve a Prado "sabedora" de que lle pasou ao Concello unha factura "inchada"
A xuíza Pilar de Lara considera que as condutas da voceira do PPdeG na súa etapa como edil "poderían ser constitutivas de infracción penal". O PP suspende un acto electoral no que participaba sen comunicalo previamente e despois atribúeo a un "erro".
"É compatible ser nacionalista e sumar forzas coa esquerda que quere unha nova UE"
Lidia Senra denuncia un "intento de apagar a campaña" por parte do "bipartidismo" para "manterse no poder" e defende que nas eleccións europeas "non é a hora de dividir, senón de sumar". A candidata de AGEe subliña a aposta por iniciativas como a renda básica universal e reitera que "Cañete non pode estar onde se elaboran políticas para erradicar a violencia machista".
O BNG leva ao Supremo a súa exclusión da RTVG: "É a pinga que reborda o vaso"
O Bloque mobilízase despois de que a Xunta Electoral Central atendese a reclamación de UPyD e lle retirase os 27 segundos que tiñan en cada espazo electoral nos informativos da TVG e da Radio Galega. Miranda ve neste "peche informativo" unha "volta ao franquismo". Audio no interior.
O PPdeG promete nas europeas "liderar" o reforzo escolar tras recortalo un 30%
Os conservadores aseguran no seu programa para as europeas que van "traballar para liderar programas de reforzo en materias como lingua e matemáticas". A Xunta aplicoulles a estes plans o recorte medio do conxunto dos Orzamentos.
A Xunta expedienta unha mestra por non participar na festa do Nadal
O xefe territorial de Educación, ex deputado do PP, advirte a traballadora de que pode ser apercibida por non participar nun festival ao que xa avisara que non iría. A docente denuncia a "intromisión do ideario católico na vida escolar".
A xira electoral de Feijóo e a discreta campaña de Paula Prado
Feijóo pasa fóra de Galicia a maior parte da segunda semana de campaña mentres a súa voceira, en silencio dende a aparición dun informe sobre ela no sumario da Pokémon, protagoniza actos de baixo perfil.
O goberno de Santiago retrátase no xulgado
Visto para sentenza o xuízo contra os sete edís de Compostela que decidiron pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon sen as garantías legais suficientes, segundo a Fiscalía. O Ministerio público mantén a petición de nove anos de inhabilitación e o alcalde ve "demostrada" a "inocencia" dos seus.
"Feliz día del gallego"
A retranca de usuarias e usuarios galegos de Twitter levou hai uns anos ao nacemento do #díadelgallego, unha irónica etiqueta para darlle a volta aos rituais do 17 de maio en ámbitos como a prensa. Máis de 30 anos despois das primeiras normas legais para potenciar a lingua propia no ámbito da comunicación o traballo por facer continúa a ser inxente.
Realidade.gal
O vindeiro Día Nacional de Galicia activaranse as primeiras webs co .gal, un "éxito colectivo" para amosar que "existe un país que se chama Galicia" e sermos "máis normais". Un acto na Cidade da Cultura serviu para realizar o lanzamento oficial do dominio, que estará dispoñible para o público xeral dende decembro.
A Xunta planea hospitalizar máis doentes na casa para aforrar
O proxecto Hospital na Casa, incluído no plan Innova Saúde, prevé instalar equipos informáticos nos domicilios dos pacientes para evitar os días de hospitalización con "pouco valor e alto gasto". Feijóo gábase de estar investindo en tecnoloxía "máis que calquera comunidade autónoma".