A Xunta admite case 300.000 euros en viaxes pero evita aclarar canto gasta cada conselleiro
O Goberno galego responde a unha pregunta do PSdeG que reclamaba información "individualizada" dos desprazamentos de cada un dos seus membros cunha relación xeral de destinos e custos. Feijóo rachou co costume de informar á Cámara despois de cada viaxe.
Adiviñan catro das cinco aprobadas nunha oposición en Pereiro de Aguiar
O Foro Cívico Progresista, colectivo cidadán acabado de nacer en Ourense, rexistrou ante notario a 'predición' de persoas que se ían facer coas prazas de auxiliar administrativo neste concello ourensán. A única que non acertaron correspondeulle a unha antiga candidata do PP.
Eterno retorno ao recorte do Parlamento
A redución de escanos entra e sae da axenda de prioridades do PP dende hai dous anos. Presentado como asunto estrela do período de sesións, os conservadores admiten agora que tampouco a aprobarán antes do verán mentres fican sós co PSdeG no relatorio e dilúen o argumento do aforro.
Estatuto do 36: A Galicia que soñou coa "concordia"
O 28 de xuño de 1936 aprobouse en referendo o primeiro Estatuto de Autonomía, cuxa entrada en vigor foi impedida polo golpe de Estado franquista. Setenta e oito anos despois Feijóo atribúe aos "caprichos da historia" que os "ideais" de Castelao non puideran "cumprirse" na "desafortunada República".
O 70% dos grandes concellos galegos suspende en transparencia
Lugo é o concello máis transparente de Galicia segundo unha investigación de oito universidades no que participa a USC. Todas as cidades galegas agás Ourense logran o 'aprobado' nun estudo que subliña a tendencia á "propaganda" das webs municipais.
Das caixas a Abanca en tres fotos
Banesco oficializa o seu control de Novagalicia Banco cunha nova marca comercial e garantindo boas prácticas bancarias. Os actos, aos que Feijóo asistiu como convidado, culminan unha xeira iniciada coa fusión de Caixa Galicia e Caixanova.
O alcalde do Porriño deféndese con fondos públicos das imputacións por corrupción
O BNG porriñés desvela que Nelson Santos aprobou en 2013 o pagamento dun despacho de avogados vigués para defenderse das acusacións de prevaricación continuada, suborno, malversación de fondos e tráfico de influencias. O gasto pode chegar a superar os 18.000 euros.
Feijóo contradí os datos e di que o paro baixou en 20.000 persoas dende as autónomicas
A EPA reflicte un incremento de 20.000 persoas desempregadas dende outubro de 2012 e as inscricións nas oficinas de emprego, un rexistro de 4.300. A oposición protesta formalmente ante a Presidencia do Parlamento porque Feijóo lle formula preguntas aos demais grupos no canto de contestárllelas.
Así chegaron os eurodeputados a unha SICAV
Un grupo de deputados impulsou a comezos dos 90 o fondo de pensións voluntario e, para xestionalo, formou unha asociación a que á súa vez, impulsou unha SICAV. O Parlamento desligouse do fondo en 2009, ano no que publicacións alemás e británicas desvelaron os nomes dos seus membros, moitos dos cales din descoñecer o xeito en que se xestionaba. Nesa relación figura a práctica totalidade dos galegos que foron eurodeputados neses anos.
Galicia perde o tren da converxencia coa UE mentres os soldos seguen a caer
O país deixou de achegarse á renda media da Unión en 2009, cando chegou ao 92%. Os salarios baixan máis que no Estado e Europa dende 2010.
Galicia acumula tres décadas con máis mortes que nacementos
En 2013 morreron en Galicia 10.701 persoas máis das que naceron, o peor saldo vexetativo do Estado. A Xunta aposta por atallar a situación co seu Plan de Dinamización Demográfica mentres mantén que o paro ou a falta de cartos non inflúen na decisión de ter descendencia.
A xuíza atráncalle a Feijóo o ventilador da Pokémon
A imputación do alcalde de Ferrol frea de vez as esixencias do líder conservador para que os rexedores de Lugo e Ourense deixen os seus cargos. Aduanas sospeita que Rey Varela recibiu cartos de Véndex na súa etapa como concelleiro e el négao.