A contrarreforma do PP impediría o 97% dos abortos de 2012 en Galicia
As interrupcións voluntarias do embarazo descenderon un 11% no segundo ano completo de aplicación da lei de 2010, máis do duplo da media esttal
Catro anos de política antiabortista en Galicia
Tras retornar ao poder o PP galego deulle soporte legal ao financiamento público de grupos como a Red Madre entre medidas como o "protocolo de renuncia a bebés no hospital" e eloxios ao labor do Foro Español de la Familia
"Sigo crendo en Anova, pero debemos esixirnos máis porque dixemos que somos diferentes"
Martiño Noriega explica as razóns polas que vén de decidir renunciar ao cargo de coordinador nacional de Anova e, dende unha visión crítica sobre os últimos conflitos internos da organización, asegura que vai seguir "totalmente implicado" na súa construción e no futuro de AGE.
Da gran caixa galega ao mal menor
O Goberno galego pon o acento en que a compra por parte de Banesco é a decisión menos mala para os intereses de Galicia e defende a "contundente" oferta venezolana obviando, non obstante, o entusiasmo co que impulsou a fusión entre Caixa Galicia e Caixanova.
O venezolano Banesco queda cos restos das caixas galegas
O FROB vende por 1.003 millóns de euros Novagalicia Banco, que foi rescatada con 9.000 millóns en axudas públicas tras o fracaso da fusión que a Xunta avalou
A segunda oportunidade do PP para atallar a pobreza enerxética
Iniciativas do BNG no Parlamento e nos concellos forzarán os conservadores a posicionarse de novo sobre os cortes de enerxía a persoas sen recursos. No Congreso aseguraron "solidarizarse" coas vítimas pero impediron asistilas a través dunha lei.
Unha sanidade "coa mesma garantía de pública que a catedral de Santiago"
O presidente da Xunta desdeña as mobilizacións do persoal sanitario e asegúralle a AGE e ao BNG que "nin privatizamos nin privatizaremos" o Sergas
Pobreza enerxética: o problema político de non ter para pagar a luz
Case o 20% dos fogares de Galicia admiten "non ter unha temperatura suficientemente cálida durante os meses fríos". As familias galegas con ingresos inferiores a 1.000 euros tiveron que aumentar o gasto eléctrico un 57% en apenas catro anos. Mentres, o PP veta no Congreso unha iniciativa para evitar os cortes enerxéticos a persoas sen recursos.
O recorte de Feijóo ao Parlamento, inocuo para o reparto de cargos no PP
Os conservadores perderían 8 representantes nun Parlamento de 61 escanos cos mesmos resultados de 2012 e xa levan feitos 11 corrementos de lista. Cos actuais mínimos provinciais, A Coruña pasaría a ter un escano por cada 57.000 electores e electoras e Lugo, un para cada 26.000.
Os 60 días que tensaron as costuras de AGE
Carmen Iglesias toma posesión como deputada e disponse a solicitar o ingreso no grupo de Alternativa, que tenta paliar os efectos da súa primeira crise
A oposición predica no deserto orzamentario
O PP disponse a aprobar os Orzamentos Xerais de 2014 e a tombar todas as propostas coas que PSdeG, AGE e BNG pretendían modificar o sistema tributario galego.
Os "faraónicos" portos exteriores "fan o ridículo"
Navantia viuse obrigada a embarcar en Vigo o buque australiano Adelaide malia estar a 12 quilómetros do novo porto ferrolán e a 32 de punta Langosteira. A Sociedade Galega de Historia Natural lembra o importante impacto económico e ambiental de ambas construcións.