Nin unha campaña sen (promesa de) carga de traballo para o naval
Navantia anuncia en plena campaña un acordo para construír buques en Ferrol e Cádiz que non se concretará ata despois das eleccións. O comité de empresa e a oposición política censuran o electoralismo tras o enésimo anuncio para o sector nunha carreira electoral.
O Concello coruñés retomou a un mes das eleccións un contrato de 3 millóns que recorreu Véndex
O Instituto Municipal Coruña Espectáculos convoca de novo a licitación da contratación dos seus servizos complementarios, que nos últimos anos veu xestionando a empresa investigada no caso Pokémon. O prazo de presentación de ofertas finaliza o día antes da constitución da nova corporación.
Santiago: Á procura da serenidade perdida
RETRATOS DE CIDADE Tras un convulso mandato con tres alcaldes do PP en menos de catro anos a vida local da capital galega aspira a retornar á súa tradicional tranquilidade. A emerxencia de Compostela Aberta, principal novidade da carreira electoral.
Audasa prevé ingresar 9.500 millóns por peaxes ata o remate da concesión da AP-9
A concesionaria da Autoestrada do Atlántico sustenta as súas proxeccións en sucesivas subas de tarifas. A empresa prevé a instalación de novas máquinas de cobramento automático aínda que só son utilizadas polo 19% dos vehículos.
Feijóo axita o medo a Venezuela na vila na que o PP é investigado por carretaxe
O presidente apoia o candidato do PP en Amoeiro, onde a Xunta Electoral expedientou o seu partido pola presunta "manipulación" do voto a anciáns, denunciada polo PSOE. O alcaldable atribúe a denuncia a unha "trama que non existe".
"O PP de Santiago estivo tan ocupado coa corrupción que non atendeu nin o día a día"
ENTREVISTA Martiño Noriega, candidato á alcaldía de Santiago por Compostela Aberta, agarda "chegar a tempo" para reverter "as desfeitas do PP", non descarta gobernos en minoría e advirte de que a primeira tarefa na cidade terá que ser "normalizar" a vida municipal.
Lugo: Do primeiro cambio político "dende os romanos" ao conflito do hospital
RETRATOS DE CIDADE Catro anos despois de estar a piques de ser desbancado da Alcaldía o PSdeG colle folgos na cidade da Muralla apelando á súa xestión e grazas á erosión sufrida polo PP por mor do incumprimento das promesas de Feijóo para o HULA.
A apelación de Feijóo aos gobernos "estables" suscita a hilaridade no resto de forzas
PSdeG, Compostela Aberta e BNG lembran os tres alcaldes de Santiago do último mandato para lamentar que o líder conservador identifique o seu partido coa estabilidade nos concellos.
O Valedor investiga irregularidades na venda de uniformes en colexios concertados
O alto comisionado apóiase nun informe de Competencia para advertir de que centros sostidos con fondos públicos incorren en prácticas comerciais "abusivas" que mesmo poden ir contra o "principio de gratuidade da educación".
A Xunta Electoral apercibe a Hernández por "electoralismo" na web do Concello de Santiago
A autoridade electoral atende unha denuncia de Compostela Aberta ao considerar que o goberno local difundiu unha nova na súa web "con connotacións electoralistas"
Cando o contrato de traballo só dura un día
A EPA rexistra 3.500 persoas contratadas en Galicia por un só día, un 133% máis que hai cinco anos. As persoas contratadas por unha xoranda xa son máis que as que teñen contrato por entre 2 e 3 anos.
Feijóo comeza a campaña das municipais de 2007
Nas súas primeiras municipais Feijóo pedía o aval para os seus candidatos fronte á "suma de dous partidos perdedores" e dun Zapatero "gafe e presidente por accidente". Neste 2015 comeza a campaña alertando de que non votarlle ao PP suporá "repetir cada día a política de Zapatero"