Pacto PP-C's: Unha España homoxénea e urbana
O acordo de investidura dedica un só dos seus 150 puntos, e de xeito xenérico, ao rural e a pesca, mentres que insiste na uniformización das políticas autonómicas. De Galicia só fala para “axilizar” o AVE e apostar por que o Instituto Cervantes preste tamén atención ás linguas cooficiais, e obvia a promesa de Ciudadanos de investigar mellor Angrois.
Galicia 'enladrilla' 4,4 quilómetros de costa ao ano desde 1987
O Observatorio de la Sostenibilidad sitúa o litoral galego como o máis urbanizado do norte de España, pero aínda a distancia do Mediterráneo. Os investigadores critican que a administración protexe a costa que non sofre presión urbanística pero permite moitas excepcións onde si a hai.
O leite tamén sabe saír de festa
Non só con tractoradas se reivindica o “produto rei do agro galego”. Malia os centos de festas gastronómicas de toda Galicia, aínda non existía ningunha co leite como principal protagonista, como a que Deleite organiza en Santiago o 17 de setembro e prevé en Lugo o ano próximo.
Feijóo desenténdese do efecto que a imputación de Baltar teña no pacto PP-Ciudadanos
O presidente equipara o acordo en materia de corrupción a nivel estatal co que permitiu investir á socialista Susana Díaz en Andalucía, onde os de Albert Rivera se atribuíron a dimisión de Chaves e Griñán pero permitiron outros imputados.
O candidato do PP maquilla as vacacións do presidente da Xunta
A convocatoria electoral para o 25-S fixo que Feijóo non collese uns días de vacacións este agosto, como é habitual nos presidentes da Xunta, pero reduciu a súa axenda institucional como se así fose e envorcouse nos actos de campaña
20 candidaturas loitarán polos 75 escanos do Pazo do Hórreo
Máis de 60.000 votos de 2012, o 5% dos votantes daquela, non teñen onde recuncar. Desaparecen UPyD e Mario Conde, mentres que En Marea e Ciudadanos son as principais novidades. O DOG publicou este mércores todas as listas.
Lugo logra ter Medicina Nuclear a un mes das eleccións tras cinco anos de protestas e demoras
O PP local chegara a esixir máis rapidez na implantación dos servizos médicos que Feijóo prometera para aquel mesmo ano cando en 2011 inaugurou o Hospital Lucus Augusti
A Xustiza critica a “imposición política” dos xuíces de paz en Galicia
O Tribunal Superior de Xustiza censura por primeira vez o seu nomeamento a dedo polos gobernos locais sen respectar o criterio de que sexan “homes bos”. O galego é o único tribunal superior de España que amosa o seu malestar.
A Xunta esquece a súa medalla ao mérito turístico e crea as figuras de embaixador e comendador
Ademais das medallas de Galicia e Castelao, a Xunta dispón de galardóns simbólicos, entre outros, ao mérito deportivo, sanitario, de protección civil ou da policía local, e agora tramita tamén medallas para a policía autonómica, ademais de beneficiarse da imaxe doutras distincións alleas. Repasámolas.
Doutores ten a Xunta
No Goberno galego hai un médico que non é doutor e tres doutores que nas súas teses vían especulación urbanística nas vilas do rural, elementos descoñecidos do mexillón galego e beneficios para México no libre comercio con EEUU.
Feijóo fai unhas listas similares ás de 2012 pensando en acadar igualmente o goberno
Paula Prado volvería ao Parlamento de Galicia só uns meses despois de ser elixida senadora. O ex-conselleiro Javier Guerra sae das listas e entra a tamén viguesa Teresa Egerique.
Feijóo contraprograma a executiva do PP que avala o pacto con Ciudadanos
O líder dos populares galegos, membro dese órgano, presenta en Santiago os seus cabezas de lista: Diego Calvo na Coruña, Francisco Conde en Lugo, Marisol Díaz en Ourense e el mesmo e Alfonso Rueda de segundo en Pontevedra.