A Xunta desígnalle á xuíza do accidente do Porriño os mesmos peritos que en Angrois
Os funcionarios, non especializados en trens, están cuestionados polas vítimas do Alvia. O accidente do Porriño reaviva o debate sobre a independencia dos investigadores da Xunta e Fomento.
Rajoy volve ao rural ourensán, como en 2009 cando proclamou “Baltar é o PP”
O presidente, como naquela campaña, visitará varias vilas nun mesmo día, agora acompañado do fillo imputado do ex-presidente condenado.
O accidente do Porriño reaviva o debate sobre a independencia dos investigadores da Xunta e Fomento
A xuíza pide ao Goberno galego que lle facilite peritos, pero os únicos dous que este ofreceu en Angrois, non especializados en trens, están cuestionados. Pola súa banda, a UE criticou a investigación do sinistro de Santiago que fixeron os técnicos do ministerio, e malia que agora xa os considera independentes, ofrece que os seus propios expertos axuden.
Villares agradece aos mariñeiros que parasen a lei de acuicultura e Feijóo di que a retomará con “unanimidade”
Leiceaga amosou en Burela o seu apoio aos mariñeiros antes de prometer un plan de revitalización demográfica con medidas para o emprego dos mozos e máis escolas infantís.
Feijóo dáse unha homenaxe personalista na praza de touros de Pontevedra e obvia o PP
Os populares tentan converter nun amuleto o recinto no que en 2009 fixeron visible a posibilidade de recuperar o goberno
Obras na vía do Porriño obrigaban a circular máis amodo do habitual
As autoridades din que non teñen constancia de ningún fallo técnico, pero no accidente de Angrois ocultaron cuestións relevantes sobre eivas de seguridade porque argumentaban que o regulamento as permitía.
Descarrila o tren Vigo-Porto no Porriño e falecen catro persoas
Un dos falecidos no sinistro é o maquinista portugués do comboio e outro o interventor vigués. Morreron tamén un mozo vigués de 23 anos e un turista norteamericano. Outras 47 persoas resultaron feridas de diversa consideración.
Vivenda telefona a propietarios para subvencionarlles agora rehabilitacións de antes de 2014
A Xunta nega que as chamadas teñan unha motivación electoral logo de varios anos adiando as axudas. Malia a demora, o PP di no seu programa que para eles “a rehabilitación é unha aposta de presente e de futuro”.
Feijóo promete un parque acuático para Ourense
Democracia Ourensana considera avalada a proposta similar que defende hai anos
A Fiscalía pide reflexionar sobre a súa actuación en instrucións como a de Angrois
Vítimas e maquinista de Angrois reclaman cambiar os peritos da Xunta por expertos europeos e o BNG critica que a petición dos afectados ante o Parlamento Europeo se analice tras as autonómicas.
Leiras de 3 euros o metro tornaban en solares de 600 durante a burbulla de Barreiros
O novo plan de urbanismo, a exposición pública ambiental desde a pasada semana, critica a "opacidade" das operacións de compra e venta naquela época e relata o incremento exponencial do prezo do solo agrario ao clasificarse como urbano, o que segundo os técnicos contratados polo Concello “permite entender a aceptación xeneralizada” daquel modelo.
Leiceaga di que o “Contrato con Galicia” de Feijóo foi “escrupulosamente incumprido”
Os socialistas admiten de xeito irónico que cumpriu dous puntos: “o austericidio e a baixada de impostos en período electoral logo de subilos antes”. Bótanlle en cara que prometese acabar co paro en 45 días, algo que nunca dixo.