O Porriño, un erro humano evitable?
Fomento asumiu que oito dos 11 accidentes con fallo do maquinista ocorridos logo do sinistro de Angrois de hai tres anos paliáronse ou serían eludibles con melloras técnicas
Feijóo preséntase como un “axitador social” que denunciou a crise que negaba Zapatero
Os principais contrincantes do candidato do PP “proceden do nacionalismo, polo tanto do século XIX”, di o presidente castelán e leonés, Juan Vicente Herrera, co que compartiu mitin en Xinzo logo dun paseo electoral por Allariz.
A Xunta enléase coa promesa de Feijóo de “blindar” o dereito dos castelanfalantes
O propio goberno galego resta importancia aos cambios anunciados con solemnidade polo presidente a dez días do 25-S, no que o PP teme perder a súa maioría absoluta a mans de Ciudadanos e as súas promesas contra a normalización lingüística.
Feijóo defende o “motor identitario” das aldeas nos Peares, onde non rematou a ponte que prometera en 2010
O candidato do PP vincula varias das súas políticas co que aprendeu na súa vila natal, onde a Xunta aínda está a rematar agora o novo viaduto que prometera ter listo para 2012.
Feijóo di que o votante de C's prioriza que non goberne Podemos a que marche Baltar
A candidata e o número 2 de Rivera condicionan o seu apoio ao candidato do PP a que cese o barón ourensán, imputado por prevaricación e suborno por supostamente ofrecer un emprego a cambio de sexo. Feijóo e Rajoy insisten en defendelo.
A Xunta deixa de usar o galego como lingua normal na atención de suxestións e queixas
Ata o de agora, como medida de normalización lingüística, a Administración autonómica empregaba o castelán para responder a queixas e suxestións só cando así llo pedía cada persoa. A dez días das autonómicas, nas que o PP teme perder a maioría absoluta a mans de Ciudadanos, Feijóo salienta que o cambio “blinda por decreto” o “dereito” dos castelanfalantes.
O PP recupera ao imputado Louzán para mitinear en Cambados con Feijóo
Rueda eloxiou o ex-presidente provincial, dobremente investigado por corrupción. O candidato popular pediu aos seus no Salnés que o 25-S voten aínda que teñan que vendimar e, case parafraseando a Rajoy, exclamou: "Viva o albariño, o rei de todos os viños do mundo!"
2018, a data imposible para o AVE que só PP e Ciudadanos manteñen
A última promesa do Goberno central xa non se pode cumprir porque aínda non se iniciaron as obras nuns 17 quilómetros entre Ourense e Taboadela. PSdeG e BNG piden rematar o tren rápido pero non lle poñen data e En Marea óbviao.
Baltar alardea ante Rajoy do seu poder en Ourense
O presidente do Goberno de España en funcións contéstalle garantíndolle que protexerá as deputacións: “Niso, Baltar, non teñas a máis mínima dúbida, que poderemos mirar cara a outro lado noutras cousas, poucas, pero nesas nunca”.
O tren accidentado no Porriño circulaba a 118 por hora no treito en obras limitado a 30
As caixas negras reflicten que a sinalización indicaba precaución, pero o maquinista mantivo a velocidade á que normalmente se circula pola zona.
A esquerda ve a Feijóo máis feble tras o debate pero minimiza o seu impacto na campaña
Os populares cren que o presidente pouco podía gañar nun “catro contra un” pero que tampouco perdeu nada e confían na súa capacidade de impor o seu discurso nos próximos dez días.
Feijóo críspase coa corrupción no debate e as esquerdas preséntanse como alternativa
PP, PSdeG, BNG e En Marea protagonizan un debate inédito nos medios públicos no que Ciudadanos estivo practicamente ausente. En xogo, un 35% de electorado indeciso