A Xunta non acusará ao funcionario que prometía “repartir Galicia” en contratos na trama Retablo
O Goberno galego centra a súa acusación en cinco empresarios e noutro traballador público para o que pide sete anos de cárcere, pero exime a quen fiscal e instrutor consideran parte clave da trama. Nos casos Campeón e Cela a Xunta tamén evita acusar a funcionarios ou cargos do PP.
Raúl López, as mil liortas xudiciais do rei dos autobuses
O empresario lucense que xestiona o 60% das rutas de autobús de España está implicado en diferentes sumarios de corrupción que ameazan o seu emporio. Foi detido en marzo de 2015 con 60.000 euros en billetes que procedían do pagamento en negro de excursións de xubilados, segundo Vixilancia Aduaneira, e a xuíza De Lara investiga os seus agasallos a cargos de Defensa para facerse con adxudicacións de transporte do Exército.
Un xurado popular xulgará a Marina Castaño por malversación na Fundación Cela
A Audiencia da Coruña dá por probado que a Fundación Cela era pública cando pactou co seu xerente a súa saída cunha indemnización de 150.000 euros, pero pide seguir investigando un presunto fraude do IVE que no seu caso xulgaríase por separado
O xuíz arquiva o caso das monxas indias retidas nun convento de Santiago
As tres relixiosas denunciaran coaccións e ameazas para que non abandonasen a orde das Mercedarias, onde permanecían en clausura desde os 90. A policía foinas liberar o pasado xaneiro cunha orde xudicial que alertaba das súas condicións de case escravitude.
Unha carta de tres médicos á Xunta salvou da morte a un paciente con hepatite
O equipo médico saltou o protocolo oficial pola pasividade do Sergas e alertou os cargos políticos de que se non autorizaban o Sovaldi, o enfermo morrería "en breve prazo de tempo"
As mortes por hepatite que motivaron a denuncia por homicidio contra a Xunta
Informes achegados ao xulgado demostran que varios médicos alertaron ao Goberno galego de que estaban prescribindo fármacos "non axeitados" por non dispoñeren do Sovaldi.
A Fiscalía acusa a Xunta de homicidio por atrasar fármacos da hepatite C por "razóns orzamentarias"
O Ministerio Público ve prevaricación en dous altos cargos da Xunta por ignorar as súas propias instrucións para pagar os tratamentos dos doentes máis graves. Seis pacientes non lograron ser tratados a tempo e morreron malia cumpriren os criterios para recibir a medicación.
A Xunta evita acusar a cargos eclesiásticos involucrados nun caso de corrupción con arte sacra
O sumario da Operación Retablo investiga a funcionarios, curas e empresas de rehabilitación por defraudar cartos públicos e adxudicar a restauración de templos a empresas amigas