Non, os asasinos de menores non saían á rúa en sete anos sen a prisión permanente revisable
O Código Penal xa castiga o asasinato con entre 15 e 25 anos de prisión antes de que o PP o modificase. Os defensores da cadea perpetua usan unha carta do asasino confeso de Diana Quer na que especula sen base sobre unha suposta saída do cárcere en 7 anos
Feijóo intensifica a súa campaña interna no peor momento de Rajoy
O presidente da Xunta prodígase en entrevistas en medios estatais onde lanza críticas á comunicacion do PP e confronta con Ciudadanos. Repite que non se ve outra vez candidato nunhas eleccións galegas e a súa contorna admite que se deixa ver por se o líder dos populares en España non repite
Bea Gondar, o alcalde condenado por branqueo que logrou secuestrar 'Fariña'
PERFIL | O ex-rexedor do Grove foi condenado a catro anos por narcotráfico na Audiencia Nacional pero o Supremo absolveuno por un defecto de forma. A demanda polo libro reclama medio millón de euros por dous parágrafos sobre o político, condenado noutro proceso por branqueo
Sito Miñanco: o piloto de planadoras que financiou campañas electorais e fixo negocios con Pablo Escobar
PERFIL A policía detivo este luns en Algeciras a un dos narcos máis poderosos dos últimos trinta anos, socio dos principais carteis colombianos. Financiou o ditador de Panamá e logrou unha condena a España no Tribunal de Dereitos Humanos
Detido o narco Sito Miñanco por tráfico de drogas e branqueo a dez días de volver ser xulgado
Sito Miñanco foi detido en Andalucía e unha das súas fillas en Cambados, onde a Policía rexistra a súa inmobiliaria, no marco dunha operación dirixida pola Audiencia Nacional
O atropelo dunha rapaza por un tren en Ourense remata con Adif exculpada malia a súa obriga de valar as vías
Diferentes sentenzas dan por probado que a empresa pública vulnera a lei que obriga a pechar as liñas en treitos urbanos pero exímena de responsabilidade polos sinistros que neles se producen
O asasino confeso de Diana Quer admite que a esganou tras metela no coche a noite que desapareceu
As pezas deste sumario empezaron a encaixar por mor da denuncia dunha moza o día de Nadal en Boiro, quen contou que o acusado tentara raptala e metela no maleteiro do seu coche ameazándoa cun coitelo
Dous anos e medio sen parquímetros en Lugo pola madeixa da corrupción
O goberno local analiza a remunicipalización do servizo despois de que unha sentenza xudicial anulase a concesión e de que directivos da adxudicataria fosen encarcerados por pagar subornos e amañar contratos
Os atestados de Interior desmontan a tese de Feijóo sobre "o terrorismo incendiario" en Galicia
Un mes despois da vaga de lume no país, nin un só informe da Garda Civil ou da Policía apoian a idea de accións coordinadas ou tramas. Aos dous detidos impútasenlles imprudencias por queimar mato e a un tercer sospeitoso, con problemas mentais, cúlpano de prender un pneumático
O Supremo e a Fiscalía subliñan as diferenzas entre o Govern preso e a Mesa do Parlament libre
A decisión do xuíz Llarena de deixar libres os deputados independentistas non condiciona o proceso na Audiencia Nacional, que mantén os oito ex-consellers na cadea. O maxistrado debe decidir se acumula nunha as dúas causas abertas contra os dirixentes soberanistas
O home de confianza de Feijóo no PP de Ourense deu unha licenza ilegal a unha alto cargo da Xunta
O Tribunal Superior anula o permiso de construción que o senador Jiménez Morán deu cando era alcalde de Verín a Carmen Pardo, ex-directora de Turismo
Juan Picos: "Recorrer ás mafias para explicar os incendios é un xeito de calmar a nosa conciencia como sociedade"
ENTREVISTA | O director da Escola de Enxeñeiros Forestais de Pontevedra, un dos máis reputados expertos en incendios, analiza o acontecido estes días. “O sector público debe intervir nos montes abandonados, cando ningún monte teña dono será imposible aplicar leis e castigos”, di.