A Fundación Franco desconecta o teléfono para reservar visitas ao Pazo de Meirás
A entidade franquista mantén desconectada a liña dende que estourou a polémica polo seu plan para enxalzar a figura do ditador. A Xunta dá por boa a versión da fundación e atribúe a desconexión a que as visitas de agosto xa teñen todas as prazas cubertas
A concesionaria dos bombeiros privatizados esixe informar de incidencias só a tres xornais e unha radio
A empresa xestiona 14 parques comarcais en Galicia financiados polo Goberno galego e as deputacións en virtude dun modelo inugurado na etapa de Fraga. Bombeiros e mandos teñen prohibido facer declaracións sobre as emerxencias nas que interveñen
A Panorama alega que as súas galas contra o cancro non recadaron nada
Os contratos do promotor musical estipulaban que a Asociación contra o Cancro non recibiría cartos das entradas, pero a orquestra esgrime que doou case 90.000 euros por venda de 'merchandising'. As queixas do último concerto, o primeiro celebrado fóra de Galicia, destaparon as sospeitas
O Grupo Villar Mir reclamou 56 millóns para devolver a auga á fervenza do Ézaro
O Supremo e o TSXG desbotan a indemnización que Ferroatlántica esixía á Xunta por reducir o caudal do seu encoro. Unha sentenza defende que a concesionaria era consciente da ilegalidade que supuxo o permiso concedido polo Goberno de Fraga para secar o río
Un cambio legal permite a Villar Mir evitar un preito de 8 millóns por secar a fervenza do Ézaro
Os avogados do empresario logran arquivar a causa grazas a un novo criterio do Constitucional. O grupo OHL recibiu autorización da Xunta de Fraga para desviar o río para producir enerxía a cambio de abrila os domingos para os turistas
A volta ao ladrillo de Jove, o tiburón inmobiliario que nunca marchou de vez
O ex-propietario de Fadesa alíase co BBVA para crear outra grande inmobiliaria, un síntoma da recuperación dun mercado inmobiliario que nunca abandonou. Os seus proxectos en Miño ou no Pino afundiron as arcas municipais e o edificio Conde de Fenosa ameaza as da Coruña.
Pablo Crespo, de home do maletín no PPdeG a cerebro da Gürtel
O lugartenente de Correa ocupouse do financiamento das campañas cando era número tres do PP de Fraga. En 2013 recoñeceu que o 65% dos cartos que manexaban os populares en Galicia era en negro e chegaba de construtores, pero tras ameazar con tirar da manta, só recoñece problemas fiscais
O ex-número tres do PPdeG presenta a cúpula da Gürtel como vítima dunha "operación de Rubalcaba"
Pablo Crespo, presunto número dous da trama, admite que o advertiron da investigación meses antes de que estourase o caso. O antigo secretario de organización do PP galego nega calquera relación coa contabilidade en negro da rede
A Fiscalía advirte a xuíza arxentina que investiga o franquismo de que non pode cuestionar a transición española
A fiscal xeral do Estado, Consuelo Madrigal, remite unha instrución ás Fiscalías provinciais sobre como opoñerse á investigación da maxistrada Servini lanzada pola querela que iniciou o galego Darío Rivas
Enchufes, amizades perigosas e pasado sindicalista: a outra vida do candidato Feijóo
PERFIL | O PP explota a paternidade do seu candidato para humanizalo mentres relativiza as súas amizades con Pachi Lucas, o suposto “conseguidor” imputado na fraude dos cursos de formación, e con Marcial Dorado cando era número dous da sanidade galega.
O capitalismo feudal das caixas que condenou o Supremo
O Supremo cuestiona as leves penas da Audiencia Nacional aos catro ex-directivos das caixas por adxudicarse indemnizacións de case 18,9 millóns. Ningún dos que arruinaron as entidades entrará na cadea e varios gozarán de pensións millonarias. É a fin dunha época de excesos e dispendio.
Condenado a 7 anos un ex-edil do PP en Santiago por prevaricar e perseguir un mando da Policía Local
A resolución xudicial ve probado que o ex-concelleiro de Seguridade, agora condenado a inhabilitación, trazou un plan para presentar unha denuncia falsa contra un cargo policial que se negou a destruír un atestado sobre a alcoholemia do que fora man dereita de Conde Roa.