O acordo de Xunta e Fomento obrigaría á Coruña a indemnizar a Autoridade Portuaria se non vai adiante a privatización
Xulio Ferreiro denuncia "a deslealdade institucional do PP" e cualifica de "hipoteca para a cidade" o protocolo asinado por Núñez Feijoo, que mantén a vixencia do convenio de 2004. "Non saben do que as coruñesas e os coruñeses somos capaces de facer para defender o que é o noso", advirte o rexedor.
O PP rexeita investigar as causas da expansión da praga da pataca
Os populares botaron abaixo unha proposición non de lei do PSdeG-PSOE para analizar as razóns polas que fracasaron os controis establecidos polo Goberno galego e para poñer en marcha medidas máis eficaces. Medio Rural só se comprometeu a informar na cámara sobre o estado actual do avance da couza guatemalteca na Costa da Morte.
O 66% do profesorado da USC ten 50 anos ou máis
Nas universidades de Vigo e A Coruña a porcentaxe de PDI por riba desa idade é do 52% e do 51%. No conxunto das tres universidades a proporción de maiores de 50 anos pasou do 37% ao 57,7% na última década, marcada pola taxa de reposición e as dificultades para a estabilización do persoal
A Xunta non aumenta o persoal de loita contra o lume nin introduce grandes cambios na súa estratexia
A Xunta aprobou este xoves o Pladiga, que condensa a súa política de defensa contra os incendios, que apenas muda. Medio Rural só destaca que "por primeira vez" se cubrirán todas as vacantes do dispositivo e que contempla a posibilidade de ampliar o seu tempo de traballo. Ademais, estende ata finais de outubro a tempada de alto risco.
Medio Rural sinala 800 comunidades de montes con incumprimentos graves, 1 de cada 4
O PP modificou en decembro a lei, facilitando a incorporación ao Banco de Terras daqueles montes que a Xunta determine que se atopan "en desuso" e coa posibilidade de seren posteriormente cedidos a empresas privadas
Emilio Fernández: "A Universidade de Vigo ten que estar presente en todos os debates que existen na sociedade"
ENTREVISTA | Este luns 23 a Universidade de Vigo celebra eleccións ao Reitorado. Falamos cun dos dous aspirantes a suceder a Salustiano Mato, o catedrático en Ecoloxía Emilio Fernández, que lidera a candidatura Ideas que Suman
Xunta e Fomento abren a porta á privatización do 80% dos terreos portuarios da Coruña
Os Gobernos galego e central asinaron un protocolo que asume a venda do peirao de San Diego (377.057 metros cadrados) e só garante a propiedade pública dos de Batería e Calvo Sotelo, que suman menos de 65.000. O Goberno municipal foi excluído da negociación e do acordo. Ferreiro afirma que se está a "ningunear á cidade da Coruña".
A madeira cortada o pasado ano en Galicia encheu 300.000 camións, seis de cada dez con eucalipto
O 58% das cortas foron de eucalipto e o 38% de coníferas coma o piñeiro, sumando máis de 8 millóns de metros cúbicos, segundo os datos facilitados pola Xunta. Na provincia da Coruña o eucalipto supón o 76% da madeira recollida
Juan Viaño: "Dificilmente se pode falar de crise económica hoxe na USC"
ENTREVISTA | Juan Viaño, reitor da Universidade de Santiago dende o 2014, opta á reelección nos comicios que terán lugar o vindeiro luns 23 de abril.
"Viaño conseguiu axustes a custa de recortar profesores, estudantes e PAS e de facer unha USC menos competitiva"
ENTREVISTA | O vindeiro luns 23 de abril a Universidade de Santiago celebra eleccións. Ao igual que hai catro anos, Juan Viaño e Antonio López optan ao Reitorado. Falamos con López, catedrático de Dereito, que se amosa moi crítico coa situación na USC, onde denuncia unha crise "financeira", "de democracia" e "de ilusión"
A xustiza avala a decisión do Concello da Coruña de poñer fin ás touradas
O tribunal contencioso-administrativo da cidade desestima o recurso presentado pola empresa organizadora do espectáculo, baseado no carácter de "patrimonio cultural" outorgado polo Goberno central ás corridas. O xuíz determina que a autonomía local debe estar por riba desa pretendida defensa da tauromaquia
"O PP quere roubarlles o monte veciñal ás comunidades"
ENTREVISTA | O domingo 22 está convocada en Santiago unha manifestación pola defensa do monte veciñal, ante as modificacións lexislativas introducidas que permiten a súa cesión a empresas privadas por períodos de 50 anos. Falamos con Xosé Alfredo Pereira, presidente da ORGACCMM