Pensións, Sergas e cortes de luz, os temas que acumularon máis queixas ante a Valedora do Pobo
A institución presentou este venres o seu informe correspondente ao ano 2017, no que tramitou 2.359 asuntos, un número semellante ao do ano anterior. A Valedor destaca o esforzo posto en coñecer máis de preto as problemáticas que afectan á zona rural.
En Santiago e Pontevedra choveu dous de cada tres días dende xaneiro
Este mes de marzo foi o segundo máis chuvioso dende 1962; os 343 litros por metro cadrado caídos só foron superados no ano 2001. As precipitacións caídas nas cidades de Lugo e Ourense no que levamos de ano duplican os valores habituais nas últimas décadas.
"Se es un medio implicado cos problemas da túa comunidade acabas tendo problemas, como lle pasou a Cuac"
ENTREVISTA | Falamos con María Navarro Limón, coordinadora da Rede de Medios Comunitarios (ReMC), que esta fin de semana celebra na Coruña a súa asemblea anual, na que a reivindicación do seu dereito a emitir e a defensa da liberdade de expresión en España estarán moi presentes.
As sete vidas de Ramón, o león aventureiro
As redes sociais serviron para buscar (por segunda vez) este boneco tan querido por unha nena, que se perdera entre Compostela e A Coruña. Finalmente, apareceu
"No enchido dos lagos das Pontes e Cerceda dáse un modelo de comunicación hermético e paternalista"
ENTREVISTA | Xaquín Pérez-Sindín (As Pontes, 1979) obtivo a prestixiosa bolsa europea Marie Curie, que recoñeceu o valor das súas investigacións, centradas nos efectos sociais da minaría. Na súa tese de doutoramento afondou nos impactos provocados pola actividade extractiva na súa vila natal e no posterior proceso de recuperación da contorna
"A política da Xunta consiste en entregar a grandes empresas todos os recursos do país, desprezando o que xa existe a pé de terra"
ENTREVISTA | Xosé Carlos Morgade, promotor da Comunidade de Montes de Mourente e da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, interveu na Semana de Filosofía para falar a través da experiencia dos montes veciñais do concepto do común
"Hai máis autores que nunca, pero deixouse de publicar banda deseñada en galego"
ENTREVISTA | Manel Cráneo coordina o I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, que comeza este venres, organizado polo Concello de Lugo, Demo Editorial e o portal www.historiadegalicia.gal. Haberá charlas, obradoiros e no Arde Lucus seis autores de cómic debuxarán en directo nas rúas
A Xunta celebra que a metade do monte galego será eucalipto ou piñeiro no 2038
A revisión do Plan Forestal prevé incrementar en 25.000 hectáreas as masas de eucalipto e en 95.000 as de piñeiro. Sumando o espazo dos montes nos que estas especies se mesturan con outras, totalizarán case un millón de hectáreas, dous terzos da superficie arborada e case a metade da superficie total
"Existe unha visión idílica de como foi a emigración galega, que dificulta empatizar coas migracións actuais"
ENTREVISTA | Belén Suárez Fernández, profesora no Departamento de Socioloxía e da Comunicación da Universidade da Coruña, interveu este mércores na Semana de Filosofía de Pontevedra, onde analizou as actitudes da sociedade galega ante os novos procesos migratorios
O Goberno central ignora o seu Comité Científico e rexeita declarar o eucalipto especie invasora
O Ministerio de Medio Ambiente defende que o eucalipto "xoga un rol fundamental no desenvolvemento rural da cornixa cantábrica" e acusa os seus propios expertos e expertas de ter unha "actitude tendenciosa" baseada en "opinións políticas". Encargoulle, ademais, un informe ao enxeñeiro de Montes Luis Alfonso Gil, que compara os efectos do eucalipto cos do pexegueiro.
O Porto da Coruña, forzado a publicar as dietas do seu Consello de Administración: 100.000 euros en tres anos
Despois de dous anos de negativas e obrigado polo Consello de Transparencia e Bo Goberno, a Autoridade Portuaria comunicou finalmente a relación de cantidades pagadas dende o 2015 a cada integrante do seu ente decisorio, no que figuran Beatriz Mato e outros representantes da Xunta, que perciben case 750 euros por xuntanza.
Federici: "O 8M debe concretarse en programas que permitan pensar máis aló do capitalismo"
A escritora e profesora italo-estadounidense ofreceu, tralo seu paso pola Semana de Filosofía de Pontevedra, unha conferencia na Coruña que serviu para inaugurar a Escola de Empoderamento Feminista da cidade. Destacou a forza demostrada no 8 de marzo, que espera que permita crear novas axendas políticas no espazo produtivo e reprodutivo.