Serafín González: "Hai unha involución na lexislación a través da simplificación nos trámites e os controis"
ENTREVISTA | A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) celebra este 31 de agosto o seu 45 aniversario, que aproveitará para renovar a súa web. Falamos co seu presidente, o biólogo e investigador do CSIC Serafín González
Un partido de fútbol homenaxeará a Bebel, "zurdo para xogar e para pensar"
Guitiriz, o lugar no que foi detido, acollerá os actos. Tras un encontro entre o clube local e os Riazor Blues, terá lugar unha ofrenda floral para este ex-xogador do Deportivo executado o 29 de xullo de 1936 e para os seus irmáns, "Os da Lexía", dous deles igualmente asasinados polo fascismo.
As manifestacións pola sanidade multiplicáronse por seis en Galicia o pasado ano
En total comunicáronse 3.525 protestas no país, un número inferior ao do 2016 (3.935). Porén, as motivadas por cuestións sanitarias pasaron de 45 a 271. Galicia foi, de feito, a comunidade autónoma con máis marchas convocadas por este tema, máis dun terzo do total das realizadas en España
Galicia, entre as rexións da UE que máis empeoraron a calidade do seu Goberno dende o 2010
Un estudo de dous investigadores da Universidade de Gotemburgo analiza a percepción que a cidadanía ten da imparcialidade das institucións, do nivel de corrupción ou da calidade dos servizos públicos. É o sétimo territorio de toda Europa que perdeu máis valoración nos últimos sete anos
A Xunta tramitou 17.130 solicitudes para a corta de árbores en menos de catro meses
Medio Rural puxo en marcha o 26 de abril un novo sistema para "axilizar" autorizacións de aproveitamentos. A maioría (9.803) son declaracións responsables, o trámite máis rápido xa que a persoa solicitante non ten nin sequera que agardar unha resposta da administración.
O número de persoas perceptoras da RISGA nas cidades galegas aumentou un 66% dende o 2012
Vigo é o concello con máis familias beneficiarias, con 2.427, seguido da Coruña (1.188), Lugo (664), Ourense (623) e Ferrol (407). Pontevedra e Compostela pechan a lista das sete urbes, pero son as que rexistran un incremento maior nos últimos cinco anos (+124% e +199%, respectivamente).
Audasa ingresou 66 millóns de euros por peaxes no primeiro semestre
A propietaria da AP9 tivo un beneficio antes de impostos de máis de 21 millóns de euros, recibindo máis de 365 mil euros por día en peaxes, lixeiramente por riba do ano anterior. En cambio, o seu cadro de persoal segue en descenso, caendo ata os 209 traballadores e traballadoras, 80 menos que hai unha década.
As aldeas de 'Mamasunción' e 'Sempre Xonxa', exemplo gráfico do abandono do rural galego
GALERÍA DE IMAXES | Carme Toba Trillo (Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego) visitou as aldeas de Baíste (Avión) e Santoalla (Petín) nas que Chano Piñeiro rodou os filmes, comparando con fotografías a súa situación actual coa imaxe que presentaban nas películas.
Vigo, A Coruña, Pontevedra e Ourense encabezan o encarecemento dos alugueiros
As catro cidades rexistran subas dun 6% no último ano, segundo os datos oficiais do IGVS das fianzas depositadas. O prezo medio na Coruña e Vigo achégase aos 470 euros. No conxunto de Galicia o incremento é do 2,6%, con descensos nos concellos de menos de 5.000 habitantes.
Combarro reclama o uso libre da Praza da Chousa, que xestiona Portos
Oito colectivos solicitan a desafectación o espazo, que hai décadas que non ten uso portuario. Na actualidade as entidades sociais que queren organizar actividades alí deben realizar un complexo trámite e pagar unha elevada taxa. Falamos con Fran Acuña, da ACDeM Armadiña, que impulsa a demanda, apoiada polo Concello de Poio.
"Nos concertos en Madrid a xente sabe as cancións en catalán. Creouse unha confrontación que nós non sentimos"
ENTREVISTA | María Arnal e Marcel Bagés actuaron este xoves no Castelo de San Antón da Coruña, no marco do Festival Noroeste. Tralo éxito de 45 cerebros y un corazón, o ano que vén publicarán o seu segundo album
"O Festiclown une campos de refuxiados, favelas, comunidades indíxenas e prazas europeas"
ENTREVISTA | Do 9 ao 14 de agosto Vilagarcía de Arousa acolle a edición 2018 do Festiclown, que neste ano celebra o seu 20 aniversario, con outras cinco sedes: Móstoles, El Prat de Llobregat, Rivas Vaciamadrid, Palestina e Brasil. Falamos con Iván Prado, director do festival