"É importante amosarlles ás nenas referentes femininos con carreiras brillantes nas ciencias e na tecnoloxía"
ENTREVISTA | Julia Bernal, directora de Red Hat para España e Portugal, participou este venres na Coruña nun encontro con alumnado de ensino medio, dentro do programa GIRL STEM: derrubando estereotipos, co que AGASOL busca estimular a incorporación de mozas ás carreiras cientifícas e tecnolóxica, nas que seguen a ser unha minoría.
"Esquécese cuestionar as manadas de homes que van penetrar por todos os buracos a mulleres vulnerables"
Vigo acolleu este xoves a VII Xornada da Rede Galega contra a Trata, titulada "Por unhas novas masculinidades fóra do mercado sexual". A activista Amelia Tiganus ofreceu a súa visión e a súa experiencia como supervivente da trata. Outras intervencións afondaron na responsabilidade dos homes como explotadores sexuais da muller.
A inmobiliaria do Santander ameaza con botar das súas vivendas medio cento de familias de Cambre
En 2017 rematou o acordo de 20 anos que garantía o carácter social dos alugueiros dun inmoble de protección oficial. Fadesa vendeullo hai tres anos ao Banco Santander e nos últimos meses os veciños e veciñas -a maioría con moi escasos recursos- comezaron a recibir cartas que lles comunican que os seus contratos non serán renovados
O director de ENCE contradí a Xunta e afirma que non é necesario incrementar a superficie de eucalipto en Galicia
Nunhas xornadas celebradas este xoves en Pontevedra Ignacio Colmenares destacou que se pode satisfacer a actual demanda da industria pasteira mesmo diminuíndo a superficie ocupada por esta especie, sempre que se mellore a súa xestión. Porén, o Goberno galego prevé un incremento de 25.000 hectáreas nos vindeiros 20 anos.
Traballadoras de Inditex pídenlle á clientela que non use as caixas de autocobro
Nas tendas de Zara e Lefties de Marineda City (A Coruña), Inditex decidiu implantar 14 caixas de autocobro “onde a multinacional utiliza ás clientas para que fagan as funcións das traballadoras autocobrándose co único obxectivo de aforrar cartos na contratación de persoal”, denuncia a CIG.
A escola actúa como un axente "desgaleguizador", destaca a RAG
Este mércores presentouse en Ames o informe A lingua no CEIP Agro do Muíño, unha completa investigación realizada co alumnado, profesorado, nais e pais deste centro educativo, que constata o intenso desprazamento do galego polo castelán que se produce a partir do momento en que nenos e nenas inician o ensino obrigatorio
"Non imos só chorar pola Lagoa de Antela, senón que temos que reivindicar con orgullo o que foi"
O Museo da Limia, en Vilar de Santos, organiza este sábado unha xornada de debate polo 60 aniversario do inicio das obras de desecamento do humidal. Farase fincapé no aproveitamento agrogandeiro, a protección da biodiversidade e as experiencias de aproveitamento sostible na comarca. Falamos con André Taboada, vicepresidente do Padroado do Museo
A investigación ao director do Parque das Illas Atlánticas súmase a unha década de actuacións cuestionadas
O Seprona abriu unha investigación a José Antonio Fernández-Bouzas por presuntos delitos de prevaricación e contra a ordenación do territorio por presuntas construcións ilegais nas Illas Cíes. Verdegaia enumera as múltiples denuncias presentadas contra o xestor por accións urbanísticas que carecían das necesarias autorizacións legais
Galician Bizarre 3: A música da periferia da periferia
Nuns meses publicarase a terceira edición desta recompilación, que incluirá 17 temas doutras tantas bandas underground galegas. Está en marcha unha campaña de crowdfunding para facelo posible. Óscar Raña e Rubén Prol encárganse do deseño.
88 edís da provincia da Coruña foron asasinados pola represión posterior ao golpe de 1936
INTERACTIVO | Segundo a investigación Xeración Perdida, coordinada por Emilio Grandío para a Deputación, outros 78 foron encarcerados e 46 tiveron que exiliarse ou fuxir; 86 foron sancionados e 36 procesados. O 22% dos edís no momento da sublevación militar sufriron algún tipo de castigo.
"Radio Océano e La Naval formaban parte do mesmo: ganas de molestar"
ENTREVISTA | Radio Océano presentou este venres na Coruña Memorias do Óxido, un disco dobre que recupera cancións inéditas e actuacións en directo da formación, que entre 1982 e 1987 publicara un único álbum, Nin falta que fai. Falamos con Xosé Manuel Pereiro, cantante da banda.
Ons absorbe os visitantes que xa non poden acoller as saturadas Illas Cíes
As Cíes diminuíron os seus viaxeiros este verán un 2,4%, fronte a un aumento do 15% rexistrado en Ons. En agosto, con todo, as Cíes aumentaron as visitas un 8% e rozaron o seu máximo legal de 3.000 turistas diarios, mentres que as Ons dispararon un 21% a súa ocupación ata o máximo legal diario, que quedará fixado en 1.800