"Non hai política cultural en Galicia: falta vontade, planificación e consenso co sector"
ENTREVISTA | O vindeiro martes 13 a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organiza unha xornada de debate sobre as políticas culturais no noso país. Falamos con Alberto García, presidente da AGPXC, sobre as necesidades do sector, a precariedade profesional e a necesidade de fomentar as iniciativas de base
"O médico xa non é o único referente do sistema sanitario. Cómpre reforzar a relación do traballo social"
ENTREVISTA | Compostela acolle este venres a III Xornada de Traballo Social e Saúde, baixo o título de "As persoas por diante". Falamos con Luz Campello, traballadora social do CHUAC, sobre a coordinación entre os distintos ámbitos do sistema de saúde e a necesaria continuidade dos coidados nunha sociedade marcada polo envellecemento e a cronicidade das doenzas.
O Goberno central confirma a fin das peaxes en tres autoestradas construídas á vez que a AP-9
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, comprometeuse este xoves a que as autoestradas Burgos-Vitoria/Gasteiz (AP-1), Sevilla-Cádiz (AP-4) e Tarragona-Alacante (AP-7) pasarán a ser gratuítas cando finalizen as súas concesións, entre este ano e o que vén. En cambio a vía entre Ferrol e Tui, inaugurada pouco despois, seguirá sendo de pago ata o ano 2048.
"O traballo da muller no sector do mar é imprescindible, pero sempre estivemos á sombra dos homes"
Tan só 6 das 63 confrarías galegas estarán dirixidas por unha muller nos vindeiros catro anos, fronte ás 13 do período 2014-2018. A Asociación de Mulleres do Mar de Arousa reclama medidas para avanzar na igualdade de oportunidades no sector pesqueiro e marisqueiro. Falamos coa súa presidenta, Susana Silva
"O 8M démonos conta da forza que temos as xornalistas cando actuamos de forma colectiva"
O vindeiro sábado preséntase en Compostela a asociación Xornalistas Galegas, nun acto que abrirán Margarita Ledo e Rosa Cobo. Demandan cambios a nivel laboral e tamén nos contidos publicados nos medios de comunicación, camiñando cara a un xornalismo feminista
"CUAC fixo todo o posible para legalizar a súa situación. Agora a pelota está no campo político"
ENTREVISTA | Falamos con Isabel Lema, coordinadora de Cuac FM, sobre o regreso desta radio comunitaria ás ondas, trala sentenza do TSXG que anulou a resolución da Xunta que lle prohibía emitir en Frecuencia Modulada. "Volvemos onde sempre estivemos: nos transistores, no coche, nos bares...", destaca
"Coa axuda da Xunta en tres anos poderíamos comezar a controlar a expansión da velutina"
A pasada semana a Plataforma Stop Velutina presentou senllas solicitudes ante as consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente para que o Goberno galego achegue recursos para que as universidades investiguen métodos para frear a praga. Falamos con Suso Asorey, voceiro de Asociación Galega de Apicultores
Yayo Herrero: "Temos medio mundo convertido nunha mina e nun vertedoiro ao servizo dunha minoría"
ENTREVISTA | A antropológa ecofeminista Yayo Herrero participou en charlas e debates en Vigo, A Coruña e Touro, onde falou dos perigos do extractivismo e da megaminería e das políticas de sustentabilidade que se poden poñer en marcha dende as institucións locais
"Bolsonaro é un instrumento dos poderes financeiros internacionais, un novo colonialismo"
ENTREVISTA | Marcos Sorrentino, profesor de Ciencias Forestais da Universidade de São Paulo e ex alto cargo do Ministerio de Medio Ambiente con Lula, estivo na Coruña convidado pola Marea Atlántica para falar das políticas de sustentabilidade no Brasil e, de paso, valorar o resultado das eleccións que levaron a ultradereita ao poder
Unha carga policial na folga do sector de elaborados do mar acaba con tres traballadoras feridas
VIDEO | Formaban parte dun piquete informativo na planta de Cabomar (Marín). A terceira xornada de paros mantén un seguimento moi elevado. Os sindicatos acusan á patronal de "intransixencia" e pídenlle á Xunta que interveña para buscar unha solución.
Muller, nova e nos servizos: perfil dos 57.000 asalariados a tempo completo que non chegan a 1.000 euros
GRÁFICOS 57.000 persoas en Galicia ingresan menos de 1.000 euros brutos mensuais traballando a tempo completo. Máis de 100.000 asalariados e asalariadas non chegan a eses ingresos porque traballan a tempo parcial
O prezo dos novos alugueiros en Vigo e A Coruña rolda xa os 600 euros
O Observatorio de Vivenda e Solo do Ministerio de Fomento analiza a situación do mercado de arrendamentos en 17 cidades e vilas galegas. As dúas principais urbes presentan os prezos máis elevados, seguidas de Compostela, Pontevedra e Ourense. A continuación aparecen Oleiros, Culleredo, Cangas, Vilagarcía e Redondela