Como combater os discursos racistas na rede? Alimentar o troll ou non?
Entidades sociais como Ecos do Sur ou SOS Racismo impulsan o proxecto Ciberespect, con recomendacións para contrarrestar os argumentos xenófobos que en ocasións parecen monopolizar os debates. Apostan por responder rapidamente e xerar narrativas alternativas para chegar aos públicos non posicionados
O número de centros nos que se imparte portugués descendeu neste curso en Galicia
Pódese estudar en 60 institutos, 5 menos que o pasado, cun total de 2.128 alumnos e alumnas (2.149 no ano anterior). Tamén cae o número de estudantes desta lingua nas Escolas de Idiomas. A CIG critica o incumprimento da Lei Paz Andrade por parte da Xunta e lembra que en Estremadura máis de 9.000 rapaces e rapazas estudan portugués.
O conflito dos TAC en Vigo amosa os problemas de non integrar Galaria no sistema sanitario público
A empresa dirixida pola ex-conselleira Rocío Mosquera négase a realizar estas probas a pesar de que os aparellos que manexa son propiedade do SERGAS e o seu persoal é estatutario. A CIG denuncia que os criterios mercantís da compañía levan á realización de máis resonancias das necesarias, incrementando os ingresos de Galaria
A renda municipal e a prestación de rescate social de Santiago chegaron a unhas 700 persoas dende 2016
Dende outubro de 2016 tramitáronse 370 solicitudes, correspondentes a 777 persoas, das que só 10% foron denegadas. A media de idade das solicitantes foi de 45 anos e dúas de cada tres foron mulleres
Unha ducia de pacientes de Oncoloxía do CHUVI quedan sen TAC pola negativa de Galaria a realizar as probas
A empresa pública, dirixida pola ex-conselleira Rocío Mosquera, rexeita realizar probas que non sexan resonancias magnéticas. A CIG esixe a completa integración da compañía na estrutura sanitaria da área viguesa para evitar situacións coma a vivida este martes no Hospital Álvaro Cunqueiro e alerta da extensión do modelo privatizador
ENCE chama "populista" a quen pide a anulación da prórroga e afirma ser quen máis fai pola limpeza da ría
A empresa afirma que a planta "non contamina nin prexudica en absoluto a calidade das augas da ría de Pontevedra". A APDR presentou alegacións contra a revisión da Autorización Ambiental Integrada da factoría, que -denuncia- permite niveis de contaminación nas augas residuais por riba dos límites legais.
Morre Benedicto, a voz que cantou á liberdade
Benedicto García Villar, membro fundador de Voces Ceibes, foi tamén mestre e sindicalista. Faleceu esta noite en Compostela, aos 71 anos de idade. Dende hai anos sufría a enfermidade de Huntington. Nos últimos anos recibiu varias homenaxes, coma a que tivo lugar en 2014 no Teatro Principal
2018: O ano do avance do carril-bici en Galicia?
Este domingo celebrouse o Día Mundial da Bicicleta, instituído este ano pola ONU, que reclama un esforzo para o fomento deste medio de transporte e a construción de infraestruturas axeitadas. A Coruña, Vigo ou Lugo teñen en marcha proxectos para incrementar notablemente as súas vías ciclistas este ano e o que vén, o mesmo que a Deputación coruñesa.
Os salarios xa só representan o 42,7% do PIB galego, fronte ao 48% de 2009
As rendas empresarias constitúen o 47,3% do PIB, catro puntos máis que hai 8 anos. UGT-Galicia destaca que "a crise trouxo consigo un claro trasvase das rendas do traballo cara aos beneficios empresariais que a recuperación económica non está a corrixir, todo o contrario"
Ourense busca empresas que deseñen e impriman gratis os carteis e programas das súas festas
A Concellería de Cultura de Ourense vén de abrir o proceso de selección de ofertas para o deseño, impresión e distribución dos materiais promocionais, que inclúen 700 carteis, 15.000 programas de man ou 4 lonas. O Concello non pagará nada e os únicos ingresos para a adxudicataria virían da contratación de publicidade para a revista das festas.
Compostela, A Coruña e as Rías Baixas concentran o 71% do turismo en Galicia
GRÁFICOS | En 2017 aumentou un 6% o número de visitantes que fixeron noite, pero estas pernoctacións concentráronse maioritariamente nunhas áreas determinadas. A Ría de Arousa e Compostela son as comarcas cunha maior saturación turística e Arousa e Muros-Noia as zonas con maior estacionalidade
O Festival de Cine de Ourense non se celebrará este ano polo atraso do Concello en aplicar a Lei de Contratos
A norma entrou en vigor en marzo, pero o Goberno municipal non licitou ata agora o concurso, aínda sen bases. Convocarase en setembro e resolverase en novembro, sen tempo para a organización do certame neste 2018. A cita, que suma 22 edicións, reuniu 7.500 persoas nas sesións e actividades programadas o pasado mes de outubro.