Marta Rodríguez: "Dinlles 'aguanta polos fillos', pero precisamente polos fillos non se pode aguantar"
ENTREVISTA | A asociación lucense Si, hai saída é unha das catro entidades galegas recoñecidas este ano cos premios Meninas contra a violencia machista. Falamos coa súa presidenta, Marta Rodríguez Engroba
Paula Ríos: "O feminismo ten que seguir na rúa, esixindo aquilo que non se cumpre"
ENTREVISTA | Este é o primeiro 25N despois das históricas mobilizacións do pasado 8 de marzo. Falamos con Paula Ríos (Plataforma Feminista Galega) sobre a situación na que se atopan as demandas do movemento de cara á loita contra a violencia machista.
Raquel Doval: "Hai mulleres que cando van denunciar, ao final bótanse para atrás ao non verse ben atendidas"
ENTREVISTA | A Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos leva 20 anos traballando en Vigo na prevención e asistencia ás mulleres que sofren agresións machistas, acompañándoas en todo o proceso de denuncia e nas posteriores etapas xudiciais. Falamos coa súa coordinadora, Raquel Doval.
Paz Filgueira: "Nas grandes cidades hai carencias, pero no resto de Galicia o trato ás vítimas é moito peor"
ENTREVISTA | Paz Filgueira foi durante anos a titular do xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. Feminista, falamos con ela sobre as eivas que aínda existen na lexislación e no sistema xudicial á hora de enfrontarse ás agresións machistas
A violencia de xénero en 8 gráficos
DATOS | 58 mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas en 15 anos, 17 denuncias diarias por violencia de xénero, 10 chamadas diarias ao 016, case dous mil homes galegos vixiados pola Policía pola existencia de "riscos" concretos de que agredan a unha muller. Son as cifras das agresións machistas no noso país
Galicia suma máis de medio millón de cans, 1 por cada 5 habitantes
MAPA INTERACTIVO | Os últimos datos do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (REGIAC) recollen unha cifra total de 551.025 cans, 85 mil máis que os rexistrados un ano antes (466.231), un incremento do 18%. Vigo é a cidade con máis exemplares en termos absoluto e Agolada o concello con máis animais por habitante
O auxe dos fascismos: "Nunca máis guerras entre o último e o penúltimo. Hai que sinalar os culpables da crise"
O eurodeputado Miguel Urbán (Podemos) e a deputada na Assembleia da República Maria Manuel Rola (Bloco de Esquerdas) debateron na Coruña sobre o auxe dos fascismos en Europa e as estratexias máis axeitadas para combater o seu ascenso
Sánchez Mato: "Hai moitos ministros do PSOE que están comodísimos cos orzamentos do PP"
ENTREVISTA | Carlos Sánchez Mato foi concelleiro de Economía e Facenda no Goberno municipal de Madrid entre 2015 e 2017 e vén de participar nas negociacións orzamentarias entre Unidos Podemos e o Goberno central. Tomou parte este sábado na Coruña nunha das mesas de debate da Escola Municipalista de Outono da Asociación M
As tendas da Mariña apagan as luces para amosar como sería unha vila sen comercio local
900 establecementos de toda a comarca ficarán en negro esta tarde para alertar da situación que atravesa o comercio polo miúdo e da súa importancia para a economía e o emprego das súas localidades. O sector perdeu nove mil empregos en Galicia dende o ano 2008.
CAÍN: "Hai unha absoluta falta de democracia na cidade de Vigo"
Cinco colectivos fan un chamamento a asociacións e cidadanía viguesa a participar este venres nun Encontro pola Cultura que debaterá a situación dos equipamentos e da xestión cultural, así como as políticas de urbanismo e patrimonio. Falamos co colectivo CAÍN, que nace co obxectivo de democratizar as políticas culturais e sociais da cidade
"O Nunca Máis foi un xigantesco 15M e ata agora non se lle deu esa dimensión de revolución cultural"
ENTREVISTA | A vindeira semana preséntase o proxecto Unha gran Burla Negra, que analiza este impacto deste movemento no seu 16 aniversario. Incluirá exposicións e mesas redondas en Compostela, A Coruña, A Pobra do Caramiñal, Muros, Rianxo e outras localidades. Falamos co seu coordinador, Jorge Linheira
A represión ao profesorado galego: As "derradeiras leccións" dos 100 mestres asasinados
ENTREVISTA | A revista Sarmiento vén de publicar un número monográfico que afonda na represión sufrida polo profesorado tralo golpe de Estado de xullo de 1936, que acabou co asasinato de 100 docentes e a depuración de varios centos. Falamos cun dos seus autores, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense.