A Xunta deberá indemnizar a viguesa á que obrigara a mudarse por convivir con outra perceptora de RISGA
A sentenza recoñece a existencia de prexuízos económicos, danos físicos e morais sufridos por unha muller por mor da decisión da Consellería de Política Social, que deberá aboarlle algo máis de 3.000 euros. O pasado ano outra sentenza recoñeceu que nunha mesma vivenda podían coincidir varias persoas que recibisen esta renda sen estar emparentadas
Morre José Luís Meilán Gil, figura clave na Transición en Galicia e reitor da UDC durante 13 anos
O xurista faleceu esta noite na Coruña aos 85 anos de idade. Catedrático de Dereito Administrativo, liderou a UCD na Coruña entre 1977 e 1981. En 1990 converteuse en reitor da Universidade da Coruña, cargo que ocupou durante 13 anos.
Denuncian danos no xacemento da Pena Grande por mor da plantación de eucaliptos
Mariña Patrimonio alerta de que traballos forestais da industria da madeira afectaron a unha da mámoas deste espazo arqueolóxico de Vilalba, que estivo a piques de ser vendido polo Ministerio de Facenda hai uns meses. A entidade, xunto con ADEGA, presentou xa denuncia ante o Seprona sinalando que se trata dunha plantación "ilegal"
A avogada da causa por prevaricación contra Manuel Cabezas denuncia abuso de poder da Fiscalía de Ourense
Foi citada polo Fiscal Xefe de Ourense como "testemuña" no propio caso no que exerce a acusación. Di que non comparecerá, expoñéndose a unha posible detención: "Non teño obriga de ir. Quéreme citar alí porque son incómoda neste procedemento". Entre 1998 e 2003 o Concello perdoou 1,7 millóns de euros a varios construtores, ao non esixirlles o 10% do aproveitamento urbanístico
A inmigración dende o estranxeiro duplícase en Galicia dende o 2016, pero a mocidade segue marchando ao resto do Estado
GRÁFICOS O pasado ano Galicia recibiu 18.000 inmigrantes, fronte a 11.000 persoas que emigraron fóra de España. Porén, o saldo migratorio co resto do Estado é negativo entre os e as menores de 35 anos. Madrid, Cataluña e Andalucía, principais destinos para quen marcha. Venezuela, Brasil e Colombia, orixe das persoas que chegan.
O gasto dos fogares no ensino creceu un 58% en Galicia na última década
En Sanidade o desembolso das familias incrementouse un 32%. O custo do alugueiro de vivenda medrou un 68%, o recibo da auga un 82% e o da electricidade un 79%. O gasto total por persoa case non variou entre 2007 e 2017, subindo un 4%. O efecto da crise aínda se deixa notar e o dato actual segue por debaixo do acadado no ano 2008.
"Por enriba dunha mala lei, está a xustiza", di Beiras en apoio de Emilio Cao, que será xulgado o luns
A semana que vén reanúdade o proceso contra o mozo do Carballiño, aprazado o pasado mes de marzo. Detido nunha manifestación das Marchas da Dignidade en 2014, podería ser condenado a 5 anos e 8 meses de cadea. Lucía Suárez e Xosé Manuel Beiras, en nome da Plataforma Absolución Emilio Cao, esixiron este venres a súa exculpación.
O Defensor del Pueblo denuncia vulneración de dereitos dos pacientes e falta de recursos no Psiquiátrico de Conxo
En novembro houbo unha visita sorpresa ao hospital, na que se constatou a limitación das instalacións e do persoal dispoñible e o posible recurso á inmobilización como método castigo e á sobremedicación. O órgano de control remitiulle á Xunta unha serie de suxestións, que nin sequera foron respondidas polo Goberno galego
O verán empeora o déficit de pediatras en Galicia
Asociacións do sector calculan que se necesita a contratación de 40 profesionais para solucionar as eivas actuais, especialmente graves en Vigo e na Costa da Morte. O sindicato CESM alerta de que a metade dos e das traballadoras sofren estrés e ansiedade por exceso de traballo e de que o 25% do persoal ten máis de 60 anos
2017 foi o ano con menos nacementos da historia en Galicia
A cifra total (18.413), feita pública este martes, sitúase por debaixo do anterior mínimo histórico, rexistrado en 1998. A taxa de natalidade fica por debaixo de sete nacementos por cada mil habitantes, superando apenas os datos de Castela-León e Asturias. A idade media da maternidade achégase aos 33 anos, só por detrás da de Euskadi. 2017 foi o ano coa maior fenda entre nacementos e mortes dende que hai datos.
50 anos despois, Cabanillas ten por fin o seu epitafio en Bonaval
"Quero na lousa que me de sosego esta palabra que ten ás: Poeta e esta palabra que ten luz: Gallego" pódese ler xa na tumba que o acolle dende 1967. Nese momento non se colocou o texto que o autor lle encomendara á súa dona Eudosia no 1915 no poemario Vento mareiro
"Debemos recoñecer a medida valente do novo Goberno co Aquarius. É fundamental que non abandone esa ruta"
Este xoves comezou na Coruña Acampa, que ata o sábado inclúe conferencias, debates, exposicións, concertos e a presenza de representantes de ONGs como Camiñando Fronteiras ou OpenArms. Demándase que España cumpra cos seus compromisos de acollida de persoas refuxiadas e que se recoñeza o dereito de asilo por cambio climático.