O Comité Científico do Ministerio resolve que o eucalipto é unha especie invasora e recomenda a súa erradicación
O ditame, unánime, inclúe todas as variedades peninsulares desta árbore -dende a globulus á nitens- e responde a unha consulta realizada polo Concello de Teo, que o pasado ano aprobou unha moción contra a eucaliptización que solicitaba a súa incorporación ao Catálogo de Especies Invasoras
Galicia perdeu máis de 100 bibliotecas na última década
Entre 2006 e 2016 o número de unidades pasou de 591 a 486, un descenso do 17%. O número de traballadores e traballadoras tamén vén caendo de forma ininterrumpida dende o ano 2008. A pesar diso un millón de galegos e galegas son usuarias das bibliotecas públicas.
As folgas levan catro anos en niveis mínimos en Galicia
O pasado ano convocáronse 37 paros laborais, nos que participaron ao redor de tres mil traballadores e traballadoras, oito veces menos que no ano 2013. Galicia é a oitava comunidade con máis conflitividade laboral, tras Cataluña, Euskadi, Madrid, Andalucía, Navarra, Cantabria e Asturias
Carballo Interplay, berce e fábrica de webseries galegas
ENTREVISTA | Falamos con Ángela Andrade, directora de Hai vida en Bran?, gañadora en 2017 do premio ao mellor proxecto de webserie en galego. O 5 de abril regresa a Carballo, onde estreará os seus tres primeiros capítulos. Tres series en galego están incluídas na sección oficial (Antolepsia, Galicia Crime e Monumento) e outras catro compiten polo premio ao mellor proxecto
Así foron as folgas máis longas dos últimos anos en Galicia
A folga na Xustiza supera xa os 50 días. Os paros laborais en Albada (A Coruña) ou Lantero (Vilagarcía) superaron os 100 días, acadando a maior parte dos seus obxectivos. A folga de recollida do lixo en Lugo, a do persoal das autoescolas, a de T-Solar, a das traballadoras de Cuca ou a de Correos en Vigo destacaron tamén pola súa duración
Investigan outra morte dunha loba por disparos, agora en Coristanco
Axentes medioambientais xa traballan no caso, o terceiro que se produce no que vai de ano, tralos que tiveron lugar en Barro e Cerdedo-Cotobade. Lembran que está prohibida a caza deste animal sen autorización e alertan de que os disparos se efectuaron na zona de seguridade próxima a unhas vivendas.
A Xunta nega o "desmantelamento" do Hospital de Verín e cualifica de "irresponsables" as críticas
Trala masiva manifestación do pasado sábado, o xerente do Sergas -Antonio Fernández Campa- rexeita no Parlamento as protestas da oposición. Tras unha pregunta de Eva Solla (En Marea), destaca que o centro incrementou a súa actividade e censura o alcalde da vila, Gerardo Seoane (PSdeG-PSOE), por "meter medo"
O 25 de abril desaparecerá Blogaliza, tras 15 anos na rede
En menos dun mes pechará a súas portas, dándolle tempo aos seus usuarios e usuarias para que copien ou exporten os seus contidos. Creado en 2003 por Pedro Silva (Goretoxo), o espazo despídese dicindo que "toca disolverse na néboa para que outras iniciativas poidan xurdir da reorganización das enerxías dispersas"
E se convertemos a N-550 no Milladoiro nunha verdadeira avenida?
Vén de constituírse unha plataforma cidadá que traballará por humanizar a vía, pola que cada día case 30.000 vehículos atravesan este núcleo de poboación de Ames, no que viven máis de 12.000 persoas. Apostan por desviar o tráfico pola actual autovía Noia-Santiago, convertendo a actual estrada nun paseo urbano
A couza da pataca supera as medidas de control da Xunta e chega a Muxía
Medio Rural detecta tres casos neste concello da Costa da Morte e decreta a prohibición de plantar e comercializar alí o tubérculo. En Cee, Dumbría, Vimianzo e Camariñas establecerase unha contorna de protección. Crece a preocupación entre os produtores de Bergantiños ante a expansión da praga
"Xestionamos dereitos que as persoas teñen, pero moitas achéganse con vergoña de estar nesa situación"
ENTREVISTA | Este venres o Colexio Oficial de Traballo Social celebra en Compostela unha xornada de encontro e formación, coincidindo co Día Mundial do Traballo Social. Falamos con Antía Sobrino, vicepresidenta da entidade
O Defensor do Pobo critica a falta de control da Xunta sobre os danos causados polas canteiras de lousa
O órgano realizou consultas ao Goberno galego e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil sobre as actividades extractivas na comarca de Valdeorras e conclúe que as administracións incumpren as súas funcións de vixilancia e de protección do medio ambiente. Pídelles que adopten medidas correctoras