Os casos de racismo institucional multiplicáronse en Galicia no ano 2017
SOS Racismo presentou este mércores na Coruña o seu Informe Anual sobre Racismo e Xenofobia en Galicia, que recolle 70 vulneracións de dereitos a persoas migrantes. O 80% son casos de racismo institucional, motivados sobre todo polos obstáculos impostos ao acceso á sanidade, que o ano anterior constituían só o 16% das denuncias
Menos do 5% da programación televisiva infantil emítese en galego
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou un informe que analiza a situación do galego nos contidos dirixidos á infancia e mocidade, que hoxe só representan o 4,6% da grella, unha porcentaxe que cae ata o 2,7% nas fins de semana. A Mesa propón 7 medidas concretas para incrementar estes datos.
"Estase a desperdiciar moito talento de mulleres que non chega ás carreiras técnicas"
ENTREVISTA | Carmen García Mateo é catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo e investigadora nas tecnoloxías da fala e da linguaxe. Esta semana participou nos actos do Día da Muller no Museo do Pobo, centrados na fenda de xénero nas TIC, e tamén na xornada do Consello da Cultura sobre A cultura dixital en Galicia
O Sergas arruina os adxudicatarios da cafetería do Hospital Xeral de Vigo, hoxe baleiro
No 2015 a práctica totalidade dos servizos do centro foron trasladados ao Álvaro Cunqueiro. Os propietarios do establecemento, con concesión ata o ano 2021, tentaron que os seus 23 traballadores foran subrogados, pero a Dirección negouse. Sen clientes, perden cartos a diario, pero Sanidade non lles permite pechar. Agora veñen de denunciar xudicialmente á Xunta
50 anos do 'maio do 68' de Compostela, que se adiantou dous meses ao de París
A Facultade de Historia acolle este venres un acto de conmemoración do aniversario das protestas estudantís, no que intervirán varios dos e das súas protagonistas.
9 gráficos e mapas que amosan a realidade das pensións en Galicia
Os e as xubiladas están a saír ás rúas en demanda de pensións dignas e en protesta pola perda de poder adquisitivo que están a sufrir. Os datos revelan que xa na actualidade a contía destas prestacións é xa moi limitada en moitos casos, sobre todo no noso país e máis aínda no caso das mulleres. Este sábado están convocadas novas mobilizacións en 17 cidades e vilas galegas
A comunidade artística esixe a fin das inxerencias políticas do Concello de Vigo no MARCO
A Asemblea Marco#Así Non presentou os apoios ao seu manifesto, no que reclaman a continuidade deste centro de arte contemporánea e a elección dun director ou directora por concurso público. A rolda de prensa tivo que celebrarse na entrada do edificio, ante a prohibición de facelo na sala na que inicialmente estaba convocada. Vídeo no interior
Os alcaldes da Coruña, Compostela, Pontevedra e Ferrol encabezan o manifesto pola absolución de Emilio Cao
O vindeiro luns terá lugar en Madrid o xuízo contra este mozo do Carballiño, que pode ser condenado a 5 anos de prisión trala súa participación nunha manifestación das Marchas da Dignidade en 2014. Representantes políticos e do mundo da cultura asinan tamén o texto, que foi presentado en Compostela por Marilar Aleixandre e Suso de Toro. Audios no interior
7 de cada 10 pensionistas reciben menos de 1.000 euros mensuais
A porcentaxe chega ao 80% no caso das mulleres. Aínda que a pensión media se sitúa nos 12.273 euros anuais, a gran maioría dos xublilados e xubiladas galegas fica por debaixo desa cantidade.
Narón recorda as vítimas da represión contra a Revolta das Pedradas no centenario do seu asasinato
O 13 de marzo de 1918 os disparos da Garda Civil acabaron coa vida de sete persoas en Sedes (Narón), onde este martes foi instalado un monumento que homenaxea a súa memoria. Este domingo terán lugar os actos centrais de conmemoración do centenario da Revolta das Pedradas.
Os pisos turísticos ilegais en Compostela moven cada ano 8,5 millóns de euros non fiscalizados
O Concello de Santiago presentou os resultados dun estudo sobre o alugueiro de apartamentos para visitantes, que conclúe que na cidade funcionan 3.118 prazas de aloxamento irregulares. O Goberno local anuncia que nos vindeiros meses levará a cabo inspeccións e imporá sancións a aqueles propietarios e propietarias que incumpran a normativa.
Greenpeace alerta da chegada a Galicia de madeira con orixe no asasinato de nove 'sen terra' no Brasil
A organización ecoloxista esíxelle á Xunta que investigue a entrada destes materiais procedentes de talas ilegais e denuncia a "desidia e inacción das autoridades". O pasado ano paramilitares ao servizo de terratenentes mataron 9 campesiños en Colniza (Mato Grosso), nunha acción da que se culpa á empresa que envía a madeira