Teño que avisar na miña empresa de que vou facer folga? 12 preguntas e respostas sobre o 8M
Ao tratarse dunha folga pioneira, nas últimas semanas xurdiron algunhas dúbidas sobre a convocatoria de paro laboral impulsada polo movemento feminista e legalizada polos sindicatos. Todas as traballadoras asalariadas teñen dereito a facer folga de 24 horas, en calquera ámbito e empresa, sen dar aviso previo e sen recibir represalias.
Máis de 30 vilas e cidades galegas acollerán mobilizacións feministas o 8M
O movemento feminista convoca concentracións e manifestacións ao mediodía e, sobre todo, a última hora da tarde. O éxito da marcha celebrada este domingo en Vigo augura unha elevada participación nos actos da xornada da folga xeral de mulleres. MAPA NO INTERIOR
8M: Unha folga para transformar a vida das mulleres
Falamos coas responsables das áreas de Muller e Igualdade de UGT, CIG, CCOO e CUT sobre a convocatoria de folga do 8 de marzo, impulsada polo movemento feminista.
- Margarida Corral (CIG): "A folga xa é un éxito, fomos quen de levar o debate sobre a discriminación a todas as empresas"
- Mónica Rodríguez (UGT): "Non interesa cuantificar o traballo non remunerado que fan as mulleres"
- Mamen Sabio (CCOO): "A folga é unha oportunidade. Levamos dous meses falando destes temas nas familias, no traballo e na rúa"
- Ana Viqueira (CUT): "É un punto de inflexión no funcionamento dos sindicatos. Estamos a transformar a ferramenta da folga"
Mamen Sabio (CCOO): "A folga é unha oportunidade. Levamos dous meses falando destes temas nas familias, no traballo e na rúa"
ENTREVISTA | CC.OO. rexistrou rexistrou paros de dúas horas por quenda para este 8 de marzo. Falamos con Mamen Sabio, secretaria da Muller de CCOO de Galicia.
Mónica Rodríguez (UGT): "Non interesa cuantificar o traballo non remunerado que fan as mulleres"
ENTREVISTA | Falamos con Mónica Rodríguez, secretaria de Igualdade de UGT-Galicia, que rexistrou paros de dúas horas por quenda para este 8 de marzo
Margarida Corral (CIG): "A folga xa é un éxito, fomos quen de levar o debate sobre a discriminación a todas as empresas"
ENTREVISTA | A CIG rexistrou paros de dúas horas por quenda para este 8 de marzo e convocou concentracións nas principais cidades e vilas. Falamos con Margarida Corral, secretaria confederal de mulleres do sindicato.
Ana Viqueira (CUT): "É un punto de inflexión no funcionamento dos sindicatos. Estamos a transformar a ferramenta da folga"
ENTREVISTA | A CUT é un dos sindicatos que rexistrou unha convocatoria de folga de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo. Falamos con Ana Viqueira, responsable da Secretaría das Mulleres do sindicato,
Diana López: "Hai temas que non están no discurso público porque nos afectan máis ás mulleres"
ENTREVISTA | Este venres comeza en Pontevedra o encontro de mulleres columnistas As mulleres que opinan son perigosas, no que participarán 14 escritoras e xornalistas, Falamos con Diana López Varela, organizadora do foro xunto con Susana Pedreira.
"Cada vez hai máis interese pola Internet das Cousas. Isto fai que as novidades resoen fóra do MWC"
ENTREVISTA | Falamos con Iago Varela (Mallando no Android), que acaba de volver do Mobile World Congress de Barcelona, que remata este xoves. Casas e coches conectados, intelixencia artificial e a implantación de redes 5G centraron o interese dunha feira que quixo visibilizar o papel da muller nas novas tecnoloxías
200 concellos perderon na última década máis dun terzo das súas granxas de gando bovino
No conxunto do país o descenso foi do 33%, máis acentuado nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense e menos na de Lugo. Lalín é o concello con máis explotacións, seguido de Vilalba, A Estrada, Lugo e Santa Comba, e é tamén o que reúne un maior número de vacas (15.116), por diante da Pastoriza, Mazaricos e Sarria
Compostela suma mil pisos turísticos, catro veces máis dos rexistrados pola Xunta
O Concello está a levar a cabo un estudo para localizar os inmobles que se ofrecen como vivenda turística, a maioría deles de forma ilegal. Falamos cos concelleiros Marta Lois e Jorge Duarte, que subliñan a importancia de controlar este fenómeno, que provocar incrementos nos alugueiros e o despoboamenos dos barrios do casco histórico.
Un gran número de adolescentes non recoñecen como maltrato o control ou a violencia psicolóxica
345 alumnos e alumnas de centros de ensino do Concello de Pontevedra participaron nunha nova edición do programa nAmorAndo, que detectou que si se identifica claramente a violencia física, mais non outras formas de agresión dentro da parella