A Xunta arquiva a sanción a CUAC pero prohíbelle emitir en FM
O Goberno galego recoñece que a Lei do Audiovisual se está a incumprir e que a radio comunitaria coruñesa leva 20 anos emitindo sen ánimo de lucro, sen prexudicar a terceiros e sen ánimo de ocultación, pero ameaza con novos expedientes sancionadores no caso de volver ás ondas. A emisora decide, de momento, continuar unicamente en Internet.
Alcolitos, filloas ou Gloria Lago. Xa se poden votar os vídeo finalistas de Youtubeir@s
O certame anunciou este luns os 22 traballos que optarán ao premio do público. Os e as internautas poderán escoller ata o 15 de marzo os seus favoritos nesta categoría. Propostas galegas para Eurovisión, un tutorial para falar malpicán, os efectos do domingo fareleiro ou un chamamento á folga do 8M, entre os seleccionados
"A imaxe de Rosalía como unha superheroína é necesaria, achega a súa mensaxe ás novas xeracións"
ENTREVISTA | Falamos con Xiana Lastra, que este venres actuou con A Banda da Loba na Gala Rosalía de Castro 2018, na que tamén estiveron Najla Shami, Nastasia Zürcher e Abe Rábade, Tempo Catro na parte musical e Cesáreo Sánchez Iglesias, Marta da Costa e Rosalía Fernández Rial e Anxo Angueira na poética
Compostela: Unha cidade como un gran taboleiro de tres en raia
REPORTAXE | O Colectivo A Rula, que traballa na protección do patrimonio, vén de publicar a localización de 167 taboleiros gravados nas lousas de adros e prazas da cidade nos séculos XVII e XVIII, empregados pola poboación -supostamente- para diversos xogos, coma o tradicional pai-fillo-nai. Falamos con Luis Leclere. Galería de imaxes e mapa no interior
"A xeración máis prexudicada pola crise das pensións é a que hoxe ten entre 50 e 60 anos"
ENTREVISTA | Falamos con Victoria Portas, voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, nun día no que tiveron lugar 11 concentracións en toda Galicia en demanda de pensións dignas, cunha participación moi importante de persoas xubiladas e non xubiladas
Anúlanse as intervencións antivacinas previstas na Coruña
A feira BioCultura, que se celebrará na cidade do 2 ao 4 de marzo coa colaboración de Concello e Xunta, programara catro charlas de integrantes da Liga pola Liberdade da Vacinación. A organización eliminou todas estas sesións, a petición do Goberno municipal, tras as críticas recibidas
A crise do MARCO como mostra da fraxilidade das estruturas culturais
REPORTAXE | Dialogamos sobre a situación do museo vigués con Agar Ledo (ex-responsable de exposicións) e cos artistas Berta Cáccamo e Antón Patiño, que a pasada semana rexeitaron -con outros e outras 15 creadoras- partcicipar nunha mostra colectiva.
O 'Mapa do Medo' das agresións sexuais en Galicia
ENTREVISTA | Jessyca Ocampo creou en xaneiro un Mapa do Medo para recoller e xeolocalizar testemuños de situacións de acoso en distintos puntos do país. En menos dun mes conta xa con 150 relatos de intentos de violación, tocamentos e outras vexacións sufridas por galegas de todas as idades
O 'Día da Ciencia en Galicia' homenaxeará a Domingo Fontán e a súa 'Carta Xeométrica'
O acto central terá lugar o vindeiro 8 de outubro en Pontevedra, no ano no se que se celebra o 230 aniversario do seu nacemento. A Real Academia Galega de Ciencias destaca o rigor que aplicou no seu traballo, dando lugar a un mapa dunha precisión que só foi superada moitas décadas despois, coa aparición da cartografía por satélite.
Pseudociencia a catro euros a entrada
Os vindeiros 8 e 9 de marzo estaban programadas no Hotel Attica 21 da Coruña e no Colegio Hogar de Vigo dúas charlas de Josep Pàmies, naturópata coñecido por negar a existencia da Sida, desaconsellar as vacinas ou por afirmar que pode curar o cancro con plantas. A presión social levou á suspensión de ambos os dous actos.
"A RISGA necesita dunha valoración social e dun proxecto de intervención"
A Plataforma en Defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais critica que o decreto que desenvolve a Lei de Inclusión Social relega as traballadoras sociais a un papel secundario e deixa a decisión final sobre a concesión da renda en mans dunha unidade técnico-administrativa nomeada pola Xunta.
O Parlamento pide cambiadores unisex nos edificios da Xunta, pero rexeita crear escolas infantís neles
O PP presentou unha proposición non de lei para instar ao Goberno galego a instalar nos edificios públicos cambiadores de bebés que poidan usar pais e nais, pero rexeitou as emendas presentadas polos grupos da oposición, que buscaban ampliar a iniciativa ou elaborar un Plan de Escolas Infantís vinculadas aos centros de traballo