A machista 'American Pie Party' deixa polémica en Vigo e viaxa agora a Lugo
O evento, que obriga as rapazas a acudir disfrazadas de colexialas ou cheerleaders, recibiu críticas por supostas vexacións dun striper a unha muller ou pola presenza de menores. A festa, que reuniu 3.000 persoas en Mos, anuncia a súa localización unhas horas antes só a aquelas persoas que dispoñan de entrada
O Goberno central eloxia as achegas do militar golpista Salvador Moreno a Marín e Pontevedra
En resposta a unha pregunta formulada por En Marea, que pedía renomear o colexio pontevedrés que homenaxea este ex-ministro franquista, o Executivo afirma que a denominación está amparada pola Lei de Memoria Histórica porque implica "o recordo a unha persoa". En decembro Rajoy defendeu publicamente a figura do militar
Unha parroquia de Valdeorras queda sen acceso por estrada pola acción dunha canteira
A OU-0807 a San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) leva 15 anos pechada ao tráfico por mor do seu mal estado, pero o actual risco de derrubamento obrigou á Deputación de Ourense a bloqueala cun quitamedos. O alcalde iniciou un peche na Casa do Concello esixíndolle ao Goberno provincial as obras que leva anos anunciando.
As denuncias por violencia de xénero acadaron o seu máximo histórico en 2017
Galicia rolda as 18 denuncias diarias, a cifra máis alta dende a aprobación da Lei Orgánica de 2004, cun aumento do 13% no último ano. Tamén se rexistrou un máximo anual no número de ordes de protección ás vítimas, cun incremento aproximado dun 38% con respecto ao 2016
"Tan inculta é a persoa de ciencias que non sabe de arte coma alguén de letras sen nocións de cultura científica"
ENTREVISTA | A divulgadora científica coruñesa Deborah García Bello vén de presentar o seu novo libro, Que se le van las vitaminas!, no que desmonta algúns mitos e ideas falsas sobre fenómenos que nos rodean. Falamos con ela sobre a fenda de xénero na ciencia ou os antivacinas
A elevada mobilización no 8M axudou a que moitas empresas garantisen o dereito a folga
Todos os sindicatos valoran positivamente o seguimento do paro feminista, a pesar dos obstáculos que -denuncian- moitas mulleres atoparon nos seus centros de traballo. Falamos con Margarida Corral (CIG), Ana Viqueira (CUT) e Rocío Sánchez (CNT)
O día despois do 8M: "Non é unha perrencha dunhas horas, isto obriga a facer cambios estruturais"
ENTREVISTA | Pedímoslle a María Montenegro (MMM), Luísa Ocampo (MNG) e Pilar Estévez (PFG) unha valoración da folga feminista deste xoves e a súa opinión sobre os pasos necesarios para a consecución dos obxectivos e demandas postas sobre a mesa.
As mulleres que construíron a cidade da Coruña: "Non somos ovellas, somos lobas de mar"
CRÓNICA | Un roteiro percorreu os espazos de traballo das pescantinas, redeiras ou cigarreiras, destacando a súa bravura e afouteza e o seu traballo incansable, fóra e dentro das casas. Galería de imaxes no interior
"As mulleres paramos para dicir: ata aquí chegou"
REPORTAXE | Falamos con cinco mulleres de distintos sectores que este xoves están a facer folga. Explican as súas razóns e amosan a súa esperanza en que a mobilización feminista sirva para remover conciencias, abrir debates e avanzar nunha transformación da sociedade.
A Galipedia chega aos 15 anos con optimismo e novos retos de futuro
REPORTAXE | A versión galega da Wikipedia naceu o 8 de marzo de 2003 e suma xa 146.000 artigos. Falamos cun dos seus administradores, Adrián Estévez, sobre as necesidades actuais da enciclopedia libre e os seus proxectos máis inmediatos. Ourense acollerá este sábado unha Wikimaratón que busca crear e mellorar biografías de mulleres.
Asembleas de traballadoras e estudantes estenden a folga do 8M na universidade
Nas universidades de Santiago e Vigo constituíronse asembleas de traballadoras e estudantes para apoiar a mobilización, con demandas específicas para os seus ámbitos. Piden rachar os teitos de cristal, loitar contra as agresións machistas e o acoso nos Campus ou introducir a perspectiva de xénero nos temarios.
Un tribunal desestima unha demanda de La Región contra un texto satírico sobre o xornal
A sentenza fai prevalecer o dereito á liberdade de expresión do seu autor, que no momento da súa publicación mantiña un conflito coa cabeceira a raíz do pagamento dos gastos de desprazamento de Fernando Arrabal dende París ata Ourense para participar nun acto público