Feijoo reivindica o valor do "sentidiño" no 35 aniversario da toma de posesión de Albor
O acto, celebrado no Parlamento, contou coa intervención do propio Fernández Albor a través dun vídeo. Tamén participaron Tomás Pérez Vidal, Aurelio Miras Portugal, Xerardo Estévez e Camilo Nogueira, deputados na primeira lexislatura autonómica.
O pleno compostelán pide por unanimidade que o aeroporto se chame 'Rosalía de Castro'
Todos os grupos apoiaron a declaración institucional impulsada por Compostela Aberta para instar a AENA e Ministerio de Fomento a aprobar o cambio de denominación. Centos de terminais en todo o planeta homenaxean escritores, políticos ou científicos, aínda que moi poucos deles son mulleres
"A Administración actúa de forma irresponsable ante o amianto"
Falamos cos médicos Carlos Piñeiro e Carmen Diego Roza sobre os riscos derivados da presenza deste material en milleiros de edificios de toda Galicia, de actualidade polo conflito do CEIP Ramón de la Sagra. Piñeiro insta a cumprir a normativa europea que pide a súa completa eliminación antes de 2030.
Saturación nas urxencias: "Non é a gripe, son os recortes"
Falamos con María Xosé Abuín (CIG), Ángel Cameselle (CC.OO.) e Manuel Martín (AGDSP) sobre as situacións de colapso que veñen sufrindo os hospitais galegos nas últimas semanas, sobre todo en Vigo, Pontevedra e Ourense, das que responsabilizan á falta de recursos e persoal e a unha mala planificación.
Galicia: Unha paisaxe de minas a ceo aberto?
Tres entidades ambientalistas denuncian que o borrador das Directrices da Paisaxe, actualmente en fase de exposición pública, recolle a posibilidade de que as Áreas de Especial Interese Paisaxístico acollan actividades extractivas sen máis limitacións que a redución do impacto visual
"O axente deu un paso atrás e gustaríanos que as políticas antisociais tamén o desen"
Unha rolda de prensa puxo fin ao peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria e avaliou o proceso que rematou coa absolución de Diego Lores. Despois, veciños e veciñas de Coia levaron a cabo unha toma simbólica da rotonda, "onde todo comezou"
Diego Lores, absolto trala retirada da única acusación contra el
O policía municipal retirou os cargos, polo que o xuízo previsto para mañá non se celebrará. Para o activista, foi a mobilización social a que forzou o policía dar un paso atrás e "entrar en razón". O peche que se vén celebrando dende este domingo continuará ata mañá, xa como unha "celebración".
As bicis tamén son para Vigo
Alexandre Mouriño centrou o seu traballo de fin de carreira en Arquitectura no deseño dunha rede de vías para ciclistas na cidade que suma 52 quilómetros, conecta entre si todos os barrios e evita grandes pendentes. A metodoloxía empregada pode ser aplicada en calquera localidade.
Mar Barcón dimite como secretaria xeral do PSOE na Coruña, que segue sen portavocía
Propón que unha xestora se ocupe de dirixir o partido na cidade ata final de ano. O grupo municipal atópase partido en dous, con Silvia Longueira e Yoya Neira dun lado e, do outro, Barcón, Fito Ferreiro e José Manuel García, candidato do sector oficialista.
"Estamos fartas de discursos, de 'clics', pero escasas de experiencias corpóreas, de xuntarnos"
ENTREVISTA O martes 17 terá lugar o xuízo contra Diego Lores (Asemblea Aberta de Coia), acusado pola Policía Local de Vigo de atentado contra a autoridade, nun proceso no que a Fiscalía non viu indicios de delito. O domingo iniciarase un peche de 48 horas na Parroquia do Cristo da Victoria. Falamos con el sobre o xuízo e sobre a loita conta a instalación do Alfageme
Aumenta o número de peóns, ciclistas e motociclistas vítimas de accidentes de tráfico
Aínda que a cifra de persoas falecidas se mantivo estable en 2015 en Galicia, a cantidade de peóns feridos e feridas incrementouse un 50% e tamén creceu moito a de condutores e condutoras de vehículos de dúas rodas
"Antes remaban 100 persoas e agora, cun motor, só teñen que remar 50. Que facemos co resto?"
ENTREVISTA Rudy Gnutti presenta este venres en Vigo o documental In the same boat, no que economistas de prestixio e outras voces, como Zygmunt Bauman ou José Mujica, reflexionan sobre os efectos do progreso tecnolóxico no emprego e a necesidade de ensaiar alternativas que repartan a riqueza