Na metade dos concellos galegos non hai ningunha grande ou mediana empresa
O 87% das empresas galegas teñen entre 0 e 2 asalariados. En toda Galicia hai 141 grandes empresas (con cando menos 250 empregados e empregadas) e 996 empresas medianas (con máis de 50). Mapa interactivo no interior
Medio millón de persoas non poden manter quente a súa vivenda
Os datos da Enquisa Estrutural, que vén de publicar o IGE, revelan que o 18% das familias galegas sofren esta pobreza enerxética, un 35% non se poden permitir gastos extraordinarios e un 56% non teñen recursos para marchar de vacacións unha semana ao ano
"Os grupos hexemónicos na Coruña queren establecer un novo límite entre o privado e o público"
ENTREVISTA Xosé Lois Martínez, coordinador do Grupo de Urbanismo da UDC, alerta de que a privatización da Solana "é só o primeiro paso" nun proceso de "depredación" do litoral da cidade, que incumpre a "visión culta" que tradicionalmente tivera a burguesía local á hora de deseñar estes espazos.
"Apostamos por boas prácticas só dende o individual, pero cómpre facer un razoamento en clave colectiva"
ENTREVISTA Miguel Pardellas, investigador da USC e asesor en procesos de educación e participación ambiental, é un dos autores do libro Presente e futuro enerxético de Galiza no contexto europeo, editado por AGEe recollendo o contido das xornadas que en abril tiveron lugar na Estrada
Hidralia abandona Guatemala tras anos de resistencia das comunidades indíxenas
A empresa galega levou a cabo nos ultimos anos un proxecto de instalación dunha central hidroeléctrica, ocupando con violencia as terras das comunidades locais, nun conflito que mesmo provocou a morte dun activista, a declaración de estado de sitio e ducias de detencións
'A nena que quería navegar': Unha resposta lúdica ao acoso escolar
Falamos con Guillermo Carbajo (Redrum Teatro) sobre a obra, que este xoves chegará a Cangas do Morrazo; un espectáculo festivo, cheo de música e cor que achega ferramentas en positivo para loitar contra o bullying
30 comarcas terán tres veces máis maiores de 65 que menores de 20 no 2031
As proxeccións realizadas polo INE e o IGE prevén que todas, agás Santiago e A Coruña, perdan poboación. 16 reducirían os seus habitantes en, cando menos, un 20%. Mapas interactivos no interior
O Concello de Ponte Caldelas decide pechar o seu Centro de Información para a Muller
O Goberno local optou por non renovar as dúas traballadoras, alegando o excesivo custe dos seus contratos para as arcas municipais, a pesar de que o financiamento é autonómico. ASOCIM denuncia os retrocesos que se están producindo nas estruturas de loita contra a violencia de xénero
R reembolsará cinco veces o custo do servizo do tempo que durou a avaría
A compensación incluirase automaticamente nas facturas que chegarán a finais de xaneiro. A empresa mantén a denuncia de que a orixe da incidencia estivo no envío masivo de SMS de publicidade por parte de Vodafone, que o nega e esixe que a acusación sexa retirada.
"O resultado do plebiscito provocou unha reacción en moita xente que non votara, que quere unha Colombia en paz"
ENTREVISTA O avogado Enrique Santiago asesorou as FARC no proceso de paz que puxo fin a medio século de conflito armado. Ofreceu unha charla na Coruña, organizada por Esquerda Unida, na que debullou o proceso que deu lugar ao acordo
O Porto da Coruña aproba a privatización dos terreos de La Solana
O representante do Concello no Consello de Administración do ente portuario foi o único que se opuxo a que este espazo, en primeira liña de costa, volvese ser de uso público. O Goberno local anunciou que podería recorrer á vía xudicial. A Autoridade Portuaria quere reducir a débeda xerada por Punta Lagosteira.
Os tribunais obrigan O Carballiño a subrogar o persoal tras unha municipalización
En setembro o concello recuperou a xestión da limpeza de varios edificios públicos e non mantivo o persoal previo nos seus posto. O Xulgado do Social de Ourense ven de ditar tres sentenzas recoñecendo o dereito das limpadoras a manter o seu emprego