“Un país sen medios públicos decentes non é un país democrático”
Tareixa Navaza vén de renunciar a un premio da Xunta con motivo do 8 de marzo en protesta pola situación "de decadencia" que vive TVE e os seus servizos informativos. Falamos con ela
A folga do transporte a Sogama, adiada ata o mércores, pode provocar "serios problemas de salubridade"
Se entre hoxe e mañá a nova concesionaria non acepta manter os 68 empregos da actual adxudicataria e coas mesmas condicións, os traballadores deixarán de trasladar o lixo dos concellos ata Sogama, o que podería provocar "un colapso na recollida de residuos", segundo recoñece a Xunta.
Piden cinco meses de cadea para tres estudantes da USC por un escrache contra a homofobia
En maio de 2015 uns 70 alumnos e alumnas protestaron no fnal dunha das clases de Domingo Neira, que hai dous anos fora xa denunciado polas súas afirmacións contra a diversidade sexual. A Universidade suspendeuno por uns meses, pero o pasado curso volveu impartir docencia.
ENCE gañou en 2015 o 82% do que prometeu investir en Pontevedra coa prórroga
A empresa acompañou a súa solicitude para permanecer 60 anos máis en Lourizán dun plan de melloras de 61 millóns de euros. Só o pasado ano a compañía tivo uns beneficios de 49,9 millóns. O Concello inicia a batalla administrativa e xudicial contra a decisión do Ministerio
'The Independent' abre a era do abandono do papel por parte das grandes cabeceiras
O anuncio realizado esta semana polo diario británico causou sensación por ser o primeiro xornal de referencia que dá este paso. Todo nun escenario de continuo devalo nas vendas da prensa impresa, que non é quen de atraer lectores e lectoras novas.
Bron/Broen, o xénero negro como bisturí da sociedade europea
A coprodución sueco-danesa completou en decembro a emisión da súa terceira tempada. Unha oportunidade para debullar as características do Nordic Noir televisivo, unha achega dende á ficción ao subsolo (non tan civilizado) das sociedades dos países do primeiro mundo.
Os e as ciclistas son xa o 5,5% dos mortos nas estradas e o 9% dos feridos graves
No 2009 representaban apenas o 2,5% dos falecidos e falecidas e o 4% das vítimas hospitalizadas. Porén, mentres a sinistralidade dos vehículos de motor diminuíu con forza, a das bicicletas non deixa de aumentar.
“A música é popular por natureza e podemos convertela en populista”
ENTREVISTA Nacho Vegas presenta na Coruña e Compostela o seu último traballo, Canciones Populistas.
Galicia, única comunidade litoral sen tren de proximidade
Ferrol, A Coruña e concellos da área metropolitana herculina demandaron esta semana investimentos no ferrocarril convencional. CC.OO denunciou este venres a continua degradación do tren galego, e esixiu a posta en marcha de servizos de proximidade.
Xunta e Concello recoñecen a falta de vivendas públicas en Vigo tras vender 25 dende o 2014
O IGVS cifra en 1.500 a demanda na cidade de pisos con alugueiro social, unha necesidade ás que os gobernos galego e local son incapaces de responder. Hai dous anos un acordo de PSOE e PP puxo á venda 40 vivendas de propiedade municipal, das que aínda se conservan 15.
Varias concentracións protestarán pola brutal agresión homófoba en Santiago
Unha parella foi atacada na porta dun supermercado e os agresores seguíronos ata o hospital, onde se repetiron as ameazas e os insultos. Os agredidos tiveron que ser protexidos polo persoal sanitario e a seguridade privada do centro
Árbores centenarias na beira dunha estrada en Esgos, en risco
Amigos da Terra denuncia os plans de corta de ducias de árbores centenarias na OU-536, que une a cidade de Ourense con Castro Caldelas e Pobra de Trives