As artes escénicas galegas cualifican as detencións de titiriteiros como "agresión á liberdade de expresión"
A Asociación de Actores e Actrices, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual, así coma as asociacións de guionistas e de directores piden a retirada dos cargos e sinalan o sucedido como algo "incompatible cos principios da democracia"
"O que sucedeu en Madrid reafirma o potencial subversivo das marionetas"
A tese de doutoramento de Comba Campoy analiza O teatro popular de marionetas como medio de comunicación das subalternas a través do caso de Barriga Verde nos anos 40 e 50 en Galicia. Falamos con ela sobre a polémica xurdida pola detención de dous titiriteiros en Madrid
43 comarcas perderon máis de 1 de cada 10 empregos dende a chegada de Feijoo
Galicia ten un 8,82% menos de traballadores e traballadoras que en xuño de 2009. Na maior parte do territorio a destrución foi moito maior, sobre todo en zonas rurais. Destaca tamén a situación de Barbanza, Salnés, O Ribeiro ou Celanova.
Unha ducia de datos sobre o sistema universitario galego
A Fundación CYD presentou o informe Las universidades españolas. Una perspectiva autonómica, que amosa a dimensión das tres universidades galegas, que nos últimos anos perderon alumnos, persoal docente e investigador e viron diminuír o seu financiamento.
Adega cualifica de "fraude" a planta de compostaxe de Sogama
A entidade lembra que a empresa non recolle a materia orgánica de forma separada, polo que non poderá producir compost nas instalacións proxectadas, nas que a Xunta gastará máis de catro millóns de euros
27 de febreiro: O mar chega a Compostela
Os sector esíxelle ao Goberno galego a retirada da Lei de Acuicultura e cre que a paralización anunciada por Núñez Feijoo responde unicamente a cálculos electorais. A marcha, baixo o lema "Defendamos o mar" unirá a bateeiros, mariscadores ou os mariñeiros do cerco, entre outros colectivos
O sector primario achega aínda o 15% dos empregos en 19 comarcas
Agricultura, gandaría e pesca xa só ocupan o 6.4% dos traballadores e traballadoras galegas, pero nunha parte do país seguen tendo un peso moi significativo na economía e no emprego
"Violencia", comodín do PP ante as críticas
Esta fin de semana os populares responderon á manifestación que protestou contra a prórroga a ENCE recorrendo, unha vez máis, ao argumento da violencia e o radicalismo, unha fórmula empregada nos últimos anos ante case toda protesta social ou crítica recibida.
60 anos do 'voo americano': Así cambiou Galicia
Unha aplicación desenvolvida por Manuel Borobio, arquitecto e investigador da USC, permite comparar nunha ollada as imaxes aéreas tiradas polo exército estadounidense en 1956 e o actual aspecto deses espazos
A Xunta inxecta outros 31 millóns para salvar Xestur da quebra
Dende que en 2014 se fusionaron os catro entes provinciais de xestión do solo, o Goberno transferiu 94 millóns de euros á empresa pública, que acumula unha débeda de 200 millóns e dous millóns de metros cadrados de solo industrial sen vender.
En funcións: Das polémicas adxudicacións de Fraga en 2005 á prórroga de ENCE
Que pode e que non pode facer un Goberno en funcións? A lei estatal limita a súa actuación a cuestións "de urxencia" e a futura norma galega acouta aínda máis a súa actividade. Porén, os Executivos saíntes agochan detrás de "trámites ordinarios" importantes decisións
As entidades contrarias a ENCE teñen dous meses para recorrer a decisión do Ministerio
Medio Ambiente apoiouse no informe favorable da Xunta para desestimar varias das alegacións e fixa condicións moi xenerosas para a empresa. Ratificou a prórroga o mesmo día que lle comunicou ao Concello de Pontevedra que "valoraría" as súas argumentacións. Consulta aquí a resolución.