O TSXG anula parte da ordenanza do uso do idioma en Lugo
O tribunal atende o recurso presentado por Galicia Bilingüe. Os apartados suprimidos sinalaban, por exemplo, que "o galego, como lingua propia de Galicia, é idioma oficial do Concello". O Goberno local recorrerá a sentenza, aprobada por unanimidade en 2012.
Unha ducia de datos que amosan a desigualdade laboral entre galegos e galegas
CIG e UGT amosan en senllos informes que a crise empeorou aínda máis as condicións das traballadoras, que manteñen peores contratos, menores salarios e pensións máis baixas, que se unen a unha situación de "desequilibrio" na atención ás responsabilidades familiares.
As cidades galegas, líderes estatais en porcentaxe de vivendas baleiras
Ourense, Lugo e Ferrol, segunda, terceira e cuarta urbe de España en porcentaxe de inmobles desocupados. Pontevedra (11ª) e Compostela (14ª) aparecen tamén na parte alta da lista de 109 localidades que forman parte do estudo europeo Urban Audit
"Se non se erradica o amianto da construción, o problema persistirá"
ENTREVISTA Carlos Piñeiro foi fundamental para rachar, a finais dos anos 90, a invisibilidade que dominaba a problemática do asbesto en Ferrolterra. Hoxe loita dende o Foro Galego do Amianto pola completa desaparición deste material e por unha vida xusta e digna para os afectados.
A Xunta permitirá plantacións de eucalipto nitens na maior parte de Galicia
O decreto sobre repoboacións, en fase de alegacións, só limita a extensión desta especie -cualificada pola Audiencia Nacional de "moi perigosa polo seu carácter invasor"- nun terzo dos concellos do país.
Quintana culpa das críticas do sector do mar aos "pseudopolíticos"
Limita os erros da súa consellería a unha "mala transmisión" da súa xestión e sinala "certa manipulación" nos milleiros de manifestantes que encheron a Praza do Obradoiro: "vin a moitos políticos que me gustaría saber onde estaban cando houbo que defender o sector"
Monforte e Lalín votan os e as representantes das súas parroquias
Os dous concellos están a realizar procesos democráticos para elixir alcaldes e alcaldesas pedáneas ou de aldea. É a primeira vez que se leva a cabo na capital do Deza, e a cuarta na localidade de Terra de Lemos.
A AP9 perdeu dende o 2011 un 11,5% do seu tráfico, que optou por vías alternativas
A pesar de que o pasado ano a autoestrada incrementou os seus usuarios e usuarias nun 5,5% as súas cifras seguen sendo inferiores ás que rexistraba en 2003. As estradas convencionais paralelas, sobre todo a N-550, melloran os datos da vía de peaxe
O PSdeG liga o tratamento do suceso de 'Manolo de Xaniño' ás externalizacións na TVG
A deputada Concepción Burgo cualifica no Parlamento a cobertura realizada pola televisión pública de Galicia de "telelixo inadmisible". Burgo acusa a Sánchez Izquierdo de incumprir a lei, que impide a externalización dos programas informativos.
A comisión de investigación sobre o Alvia pon a proba o novo Congreso
En Marea presenta unha solicitude para que a cámara analice as causas da traxedia de Angrois, unha posibilidade que PP e PSOE non apoiaron na lexislatura pasada. A moción contaría no pleno co voto favorable de Podemos, Ciudadanos, ERC e Grupo Mixto.
A recuada da Xunta mantén intacta a mobilización do sector do mar
Confrarías, bateeiros, entidades ecoloxistas e sociais redobran os chamamentos a encher a praza do Obradoiro este sábado 27. E lembran que a retirada da Lei de Acuicultura era só unha das demandas da manifestación
"A tese confirma o efecto do amianto nos traballadores dos estaleiros"
ENTREVISTA Carmen Diego Roza, responsable da consulta monográfica de asbestose do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol levou a cabo unha investigación sobre os case 700 obreiros do naval atendidos no centro, dos que o 70% tiñan enfermidades producidas por este material