Galicia perde 56 millóns de fondos europeos por non executalos
É a terceira comunidade que máis desaproveitou os fondos FEADER do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013. Os sindicatos agrarios, que levaban anos advertindo de que isto podía suceder, denuncian a "improvisación" da Xunta.
Lei do Solo: AGE pide buscar solucións "que non impliquen o regreso ao urbanismo salvaxe"
Mantén o seu rexeitamento á modificación do artigo 144 -proposta polo PP para acelerar obras en Vigo- que limitaría en toda Galicia o control da cidadanía sobre determinados proxectos e a súa tramitación medioambiental. Falamos con Antón Sánchez
"Queremos que as administracións poñan os intereses dos pacientes por diante dos economicistas"
SOS Sanidade Pública e a Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía denuncian ante a Valedora que moitos enfermos e enfermas de cancro en Galicia non poden acceder aos novos tratamentos, xa aprobados, polo seu elevado custe e a lentitude na súa tramitación.
O PP de Pontevedra pídelle á Xunta que acepte negociar a Lei de Acuicultura
Presentou unha moción no pleno da Deputación para pedir "abrir un periodo de consultas" que permita achegar posturas co sector. Alerta da "fonda preocupación que existe entre as xentes do mar" ante o proxecto presentado polo Goberno galego
O Parlamento europeo debate este luns a liberalización de servizos do TISA
O Comité de Comercio da cámara pronunciarase sobre un tratado (Trade in Services Agreement) que a UE negocia con 23 países e que pode limitar a capacidade dos gobernos de regular os servizos públicos e protexer o interese xeral da ciudadanía.
Comuneiros e ciclistas achegan posturas sobre o uso dos montes veciñais
No encontro aberto, organizado pola Mancomunidade de Montes de Pontevedra, participaron tamén representantes da Xunta, Garda Civil e cazadores. Fíxose unha denuncia unánime da colocación de trampas.
Só nas comarcas de Vigo e Santiago segue nacendo máis xente da que morre
O saldo vexetativo na meirande parte de Galicia foi virando a negativo nos últimos 30 anos. En 1980, 32 das 53 demarcacións presentaban aínda números positivos. En 1985 só eran 20 e en 1990 quedaban apenas 7, convertidas en 4 en 1995
A loita contra o IRPH: "Chega un momento en que a unha se lle acaba o medo"
ENTREVISTA O pasado mes de marzo unha sentenza pioneira recoñeceulle á barcelonesa Silvia Herrera o carácter abusivo da súa hipoteca e obrigou a financeira UCI a devolverlle os intereses cobrados de máis. 1,3 millóns de persoas en España atópanse nesta situación
SOS polo barrio do Hospital Xeral de Vigo
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria, veciñanza, comerciantes e SOS Sanidade Pública poñen cifran á crise que vive a contorna do establecemento sanitario, trasladado en setembro. Alertan do peche de 14 establecementos e de que outros 52 poderían facelo nos vindeiros meses.
"O modelo de acuicultura que propón a Xunta non é sostible ambiental e socialmente"
ENTREVISTA A Illa de Arousa debaterá este xoves unha moción que pide a retirada do Anteproxecto de Lei de Acuicultura. Nas vindeiras semanas farano outros concellos. Falamos con Xocas Rubido, voceiro da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
A Xunta 'parchea' a Lei do Solo para acelerar obras en Vigo
Para limitar os efectos da anulación do PXOM vigués, o Goberno galego propuxo modificar a súa proposta de ordenación do territorio para todo o país, reducindo a capacidade de concellos e cidadanía de controlar certas actuacións
A falta de vivenda social en Vigo pode deixar unha familia na rúa dentro de oito días
A Xunta só lle ofrece un bono de 150 euros, insuficiente para facer fronte ao custe dun alugueiro, e Concello o pagamento de dúas mensualidades. Porén, non hai alternativas habitacionais para os moitos desaloxos que se seguen producindo na cidade.