"Violencia", comodín do PP ante as críticas
Esta fin de semana os populares responderon á manifestación que protestou contra a prórroga a ENCE recorrendo, unha vez máis, ao argumento da violencia e o radicalismo, unha fórmula empregada nos últimos anos ante case toda protesta social ou crítica recibida.
60 anos do 'voo americano': Así cambiou Galicia
Unha aplicación desenvolvida por Manuel Borobio, arquitecto e investigador da USC, permite comparar nunha ollada as imaxes aéreas tiradas polo exército estadounidense en 1956 e o actual aspecto deses espazos
A Xunta inxecta outros 31 millóns para salvar Xestur da quebra
Dende que en 2014 se fusionaron os catro entes provinciais de xestión do solo, o Goberno transferiu 94 millóns de euros á empresa pública, que acumula unha débeda de 200 millóns e dous millóns de metros cadrados de solo industrial sen vender.
En funcións: Das polémicas adxudicacións de Fraga en 2005 á prórroga de ENCE
Que pode e que non pode facer un Goberno en funcións? A lei estatal limita a súa actuación a cuestións "de urxencia" e a futura norma galega acouta aínda máis a súa actividade. Porén, os Executivos saíntes agochan detrás de "trámites ordinarios" importantes decisións
As entidades contrarias a ENCE teñen dous meses para recorrer a decisión do Ministerio
Medio Ambiente apoiouse no informe favorable da Xunta para desestimar varias das alegacións e fixa condicións moi xenerosas para a empresa. Ratificou a prórroga o mesmo día que lle comunicou ao Concello de Pontevedra que "valoraría" as súas argumentacións. Consulta aquí a resolución.
As folgas mantiveron en 2015 o seu nivel máis baixo dende o inicio da crise
O pasado ano convocáronse 34 paros en Galicia, unha cifra en descenso dende os 57 de 2014 e os 71 de 2013. O número de traballadores/as participantes e horas afectadas permaneceu estable, pero moi lonxe dos datos de hai dous anos
A Xunta promete agora "diálogo" na tramitación da Lei de Acuicultura
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegura no Parlamento que "non imos aprobar esa lei sen ter o respaldo do sector", buscando conter o malestar crecente nos concellos do litoral e mesmo no seu do seu partido. Dende a PDRA recean da oferta e piden a retirada da norma
DO rexeita ampliar a transparencia sobre o patrimonio dos edís porque afasta os empresarios da política
Os concelleiros ourensáns só terán que facer pública na web municipal a súa declaración de bens durante 15 días ao ano, trala negativa de DO e PSOE a permitir un acceso aberto. Pérez Jácome considerou a proposta propia de "políticos acojonados e cobardes que só queren quedar ben"
Pode aínda evitarse que ENCE ocupe Lourizán ata o 2073?
As entidades contrarias á continuidade da pasteira anuncian que loitarán "social, politica e xudicialmente" contra a decisión. APDR e Salvemos Pontevedra ven "prevaricación" na resolución do Executivo en funcións. Chaman ao futuro Goberno a derrogar a prórroga.
Portas xiratorias en ENCE. Quen é quen
Isabel Tocino, Carlos del Álamo e Pascual Fernández, membros do Consello de Administración, ocuparon cargos públicos de responsabilidade en materia de Medio Ambiente e Augas. En varias ocasións nos últimos anos decisións políticas favoreceron os intereses da empresa.
ENCE: 60 anos máis en Pontevedra
O Goberno central, en funcións, outórgalle á empresa unha prórroga por 60 anos, que comeza a contar en novembro de 2013, momento da solicitude. A Xunta remitira un informe favorable á continuidade da planta, que conta co rexeitamento de concellos e Deputación.
Semana clave na loita contra a Lei de Acuicultura
Sete concellos do litoral da Ría de Arousa e o pleno da Deputación de Pontevedra debaterán mocións que instan á retirada do proxecto da Xunta e que serán apoiadas polo PP en moitos casos. O sector do Mar prepara unha manifestación o 27 de febreiro en Compostela