Roberto Brenlla expón na Coruña as vantaxes dos modelos de negocio colaborativos
A Facultade de Informática da UDC acolle este xoves unha charla deste experto en estratexias de Software Libre e Open Source, baixo o título de Modelos de negocio colaborativos. Por que o Software Libre domina no mercado?
Galicia sufriu 20 grandes incendios no último mes
Medio Rural advirte dun risco de lume forestal "moi alto" ou "extremo" nas comarcas de Valdeorras, Ribeiro, Ortegal e sur da provincia de Ourense. En 2014 queimouse máis superficie fóra da época de alto risco (xullo, agosto e setembro) que nos meses do verán
O optimismo económico, cuestión de cartos
O Índice de Confianza do Consumidor do primeiro trimestre de 2015, publicado este luns polo IGE, ofrece unha notable mellora con respecto a hai doce meses, pero o pesimismo segue dominando nos fogares que ingresan menos de 1.500 euros. 6 de cada dez galegos chega con dificultades a final de mes.
1 de abril: Celebrar a cultura galega máis aló das letras
A Real Academia Galega de Belas Artes instituíu esta xornada como Día das Artes Galegas, unha data xa celebrada polo colectivo A Nave das Ideas entre 2011 e 2013, en homenaxe a Urbano Lugrís, María Casares e Xesús Bal y Gay.
Cada familia galega gasta en cultura 270 euros menos que antes da crise
O descenso, dun 32% dende 2007 afecta sobre todo ao gasto en libros e publicacións periódicas impresas, que caeu case á metade. Informática, intenet e produtos audiovisuais resistiron mellor.
O PP completa o seu cambio de posición sobre a continuidade de ENCE na Ría de Pontevedra
O candidato popular á alcaldía, Jacobo Moreira, defende a permanencia da factoría en Lourizán, a pesar de que nos últimos anos Alberto Núñez Feijoo manifestara con rotundidade que o traslado era "unha decisión persoal" e que non había outra posibilidade
Aumentan as críticas aos recortes na detección precoz de enfermidades
Sindicatos, profesionais e asociacións de pacientes alertas da redución de 40 a 12 das doenzas que lles poderán ser detectadas aos neonatos e neonatas. A Xunta nin confirma nin desmente a medida, que acabaría cun dos programas máis avanzados do Estado.
Nace 'Culturaqueune', para achegar Galicia e Portugal dende a base
Trátase unha rede de persoas e entidades dispostas a compartir e a intercambiar manifestacións e expresións da cultura galego-portuguesa. Presentarase en maio e xuño cunha completa axenda de actividades en Amarante e A Coruña
A 'República da Berxa', unha república de dignidade en Mesía
O historiador Manuel Pazos Gómez presenta este venres en Carral A República da Berxa, un repaso pola vida do último alcalde republicano de Mesía, Antonio Gómez Carneiro. Falamos co seu autor.
Sarria: Concentracións, retirada de faixas e propaganda en 3D a dous meses das eleccións
O alcalde da localidade responde á concentración convocada pola Plataforma Sarriana polo Río ordenando retirar dúas pancartas. Os activistas acusan o rexedor de ter "escasa consideración" pola veciñanza da vila
Os centros de ensino reciben cartas esixindo o pagamento dun canon pola proxección de filmes
A Consellaría de Educación acordou coa Motion Picture Licensing Company a utilización de contidos audiovisuais polo prezo de 1.25 euros por alumno/a e ano, un total de 325.000 euros máis IVE. CIG-Ensino critica que a Xunta permita "o negocio de empresas privadas nos centros"
"O consumo masivo de prostitución en España é un síntoma de que algo está fallando"
Águeda Gómez, Silvia Pérez e Rosa M. Verdugo analizan en El putero español as motivacións dos clientes da prostitución, que en moitos casos buscan cousas distintas ao sexo, coma unha relación de dominación ou a reafirmación da masculinidade. Falamos coa profesora Águeda Gómez (UVigo)