Radios Comunitarias: Subir o volume
Libre acceso a persoas e colectivos, funcionamento asembleario e autofinanciamento definen as emisoras libres, que buscan "darlles voz aos sen voz". O traballo voluntario suple os obstáculos impostos pola administración, que as manteñen nunha situación de alegalidade. Falamos con Cuac FM, Radio Filispim e Radio Piratona.
"Calquera podía xerar enerxía máis barata que a que venden as eléctricas. E iso non se podía permitir"
Os investimentos en instalacións fotovoltaicas de máis de 2.600 familias galegas quedaron no aire tralos cambios normativos retroactivos do Goberno. Esta fin de semana chega a Lugo e Santiago a campaña Camino del Sol, da Asociación Nacional de Productores Fotovoltaicos. Falamos co seu secretario, Juan Castro Gil
A primeira proba dun dron do Exército en Rozas certifica os usos militares negados pola Xunta
Núñez Feijoo asegurara que o convenio que o Goberno galego asinou con Defensa o pasado ano tiña como obxectivo a investigación "do potencial de avións non tripulados para uso civil". O Searcher MK II J, de fabricación israelí, foi empregado contra a poboación palestina, denuncia AGE.
Ferrol suspende a taxa de saneamento imposta polo goberno de Rey Varela
Os votos de Ferrol en Común, PSdeG-PSOE, BNG e Ciudadanos botan abaixo a ordenanza que deu orixe ao tributo, unha vez comprobado que Emafesa estaba a cobrar por un servizo de depuración que non realizaba.
Non diga 'Casa Tomada', diga 'Nave 1839'
O novo equipo xestor deste centro social autoxestionado da Coruña vén de anunciar que en outubro comezará a nova programación cultural. Mantén "o espírito de centro social aberto e participativo co que se iniciou o anterior proxecto", destacan nesta entrevista.
"A cidadanía vai poder achegar a súa experiencia en relación co barrio e a cidade"
A Coruña acolle esta tarde a presentación dos procesos participativos impulsado polo Goberno municipal, que comezarán coa organización en distritos, nun traballo conxunto coas entidades sociais e cos veciños e veciñas. Falamos coa concelleira de Participación, Claudia Delso.
"O dereito á reprodución asistida non está garantido, depende da vontade dos profesionais"
Galicia non aplicou ningunha medida que asegure o acceso gratuíto de mulleres soas e de parellas lesbianas a tratamentos de fertilidade, limitado polo Ministerio de Sanidade a pacientes con parella masculina. Falamos con Elísabet Pérez (Nós Mesmas)
"A cultura galega pronto non se entenderá sen os espazos autoxestionados"
Falamos con David Paz, un dos integrantes do equipo fundador da Casa Tomada, o Centro Social de Intervención Artística que este mes de agosto pechou as súas portas. Foi tan só un 'deica logo'. Un novo equipo comezará alí un novo proxecto que manterá os obxectivos iniciais do espazo.
"É importante que se visibilice que o modelo público é posible e solvente"
ENTREVISTA Falamos con Luis Babiano, xerente da Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento, que a vindeira semana estará en Galicia para coñecer os procesos de remunicipalización da auga en Santiago, Teo ou Ferrol e o funcionamento da empresa municipal da Coruña, que pode servir de modelo.
O PP reabre en Mondoñedo o debate sobre a asistencia de alcaldes a actos relixiosos
O rexedor ferrolán, Jorge Suárez, non asistiu á ofrenda á Virxe dos Remedios, na que o Concello de Vilalba lle pediu á imaxe "sabedoría" para solucionar os problemas da mocidade, do campo e dos refuxiados. Alfonso Rueda e Ethel Vázquez representaron á Xunta na cerimonia.
O MGSM acusa o Sergas de "eludir a súa responsabilidade" no "grave problema" do suicidio
Co gallo do Día Mundial de Prevención do Suicidio, a plataforma reclama "visibilizar" este asunto e un plan específico para o seu tratamento. A nosa comunidade rexistra a taxa máis elevada de casos en toda España, cun forte incremento nos últimos anos.
La Capital: Loita polo emprego, loita pola pluralidade informativa
Os traballadores e traballadoras de Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e DXT levarán a cabo unha nova folga o vindeiro 15 de setembro. Falamos con Alberte Amado (CIG) sobre a situación desta empresa, que reduciu un 40% o seu persoal nos últimos anos.