"Se a conselleira non ten un plan para o sector leiteiro de maneira inmediata, debería dimitir"
ENTREVISTA Este venres a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego chama a manifestarse en Compostela en defensa de solucións á crise que sofren os produtores de leite e en demanda de prezos xustos e dignos. Falamos con Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG
Réquiem por unha árbore
Un informe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro sinala a inutilidade de calquera actuación para a recuperación do Teixo dos Tenreiro, en Pontedeume, con varios séculos de historia, afectado por un fungo e moi prexudicada pola construción do paseo marítimo, a AP9 e outras obras
"Chegará un punto no que mesmo o PP se decate de que defender as touradas en Galicia non ten sentido"
A supresión da feira taurina na Coruña é un paso máis no proceso de desaparición deste espectáculo no país, que xa só se mantén en Pontevedra e -con recintos portátiles- en Padrón e algunha outra localidade. Falamos con Rubén Pérez, voceiro de Galicia. mellor sen touradas
"Necesítase persoal especializado nos servizos sociais. É moito máis que tramitar unha axuda económica"
Falamos cunha representante da Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso), que a pasada semana denunciou a ausencia de persoal especializado na xestión da Risga na provincia da Coruña.
Adeus, touradas
O Concello da Coruña inicia os trámites para a finalización do contrato da Feira Taurina. Representantes municipais reúnense co promotor do espectáculo para negociar a indemnización á que podería ter dereito, un 10% da contía do contrato. “O ano pasado había máis xente manifestándose en contra das touradas que como público”, resalta Xulio Ferreiro.
A 'Caravana Feminista' fará nove paradas en Galicia
A iniciativa da Marcha Mundial das Mulleres, que partiu en marzo do Kurdistán, chegará en outubro ao noso país, antes de rematar, o día 17 dese mes, en Coimbra.
A Coruña reformulará a 'Smart City' para apostar polo seu uso social e participativo
O novo Goberno municipal respondeu ás criticas do PP de "poñer en perigo" os fondos europeos ligados ao desenvolvemento desta plataforma, un dos proxectos estrela de Negreira, que custou 11,5 millóns de euros.
"A guerrilla galega estaba nas casas, non no monte"
Afonso Eiré presenta este xoves na Coruña O Piloto, o último guerrilleiro, acompañado de Emilio Grandío e do alcalde Xulio Ferreiro. O libro salienta o apoio social da guerrilla e desbota a idea do Piloto como un activista solitario "que agardaba"
Borgen: A política e os farois
A política está de moda. Nos últimos anos foi gañando espazo nas conversas cotiás e nos medios de comunicación de masas; véxase por exemplo o crecente peso e as audiencias millonarias de programas de infotainment como Salvados ou El Intermedio. Isto tivo a súa translación tamén na ficción televisiva, coa popularización de series como House of Cards ou Borgen. Analizámolo no blog de series de Praza.gal.
"Andrés do Barro fixo da súa música unha misión, non lle importou ser un incomprendido"
Fernando Fernández Rego vén de publicar Saudade (La Fonoteca), a primeira biografía oficial do músico ferrolán, responsable dalgún dos maiores hits da historia da música galega pero en moitos aspectos un completo descoñecido, pendente ademais dun "merecido recoñecemento".
Ana Miranda: "Conseguimos romper o bloqueo de silencio sobre Gaza"
ENTREVISTA Ana Miranda relata para Praza o asalto do exército israelí ao Marianne, o barco da III Flotilla da Liberdade no que viaxaba con outros activistas. Denuncia o trato recibido e a inacción política dos gobernos español e galego. Audio no interior
Entra en vigor a 'Lei Mordaza'. Que cambia nas nosas vidas?
Ás doce da noite comezará a aplicarse a nova Lei de Seguridade Cidadá, que introduce penas máis graves para castigar a protesta pública e legaliza as devolucións en quente de inmigrantes. A Coruña, Ourense e Pontevedra acollen concentracións este martes.