Traballo asalariado en Galicia? Non para os e as menores de 35 anos
O número de galegos e galegas menores de 35 anos con traballo pasou dos 424 mil de 2008 aos 250 mil actuais. Nese tempo a taxa de paro xuvenil pasou do 21% ao 48,45% e máis de 135 mil mozos e mozas emigraron.
O desemprego de longa duración seguiu crecendo en 2014
A pesar de que o pasado ano foi o primeiro dende 2007 no que se reduciu a cifra de parados e paradas en Galicia, os desempregados e desempregadas que levan máis de dous anos sen traballo seguen a aumentar: xa son 110 mil, o 40% do total.
Tan só dous clubes galegos se unen á campaña #LaLigaArcoiris
A Unión Deportiva Ourense e o Cidade de As Burgas Fútbol Sala apoian a iniciativa impulsada pola Federación Estatal de Lesbianas, Gays, Transexuales e Bisexuales (FELGTB) para denunciar a homofobia no deporte
Campogalego.com: Falar do agro dende o agro e en positivo
A pasada semana botou a andar un novo xornal dixital, especializado na actualidade das producións agrarias, gandeiras e forestais. Falamos cos seus responsables.
As mulleres galegas teñen os salarios por hora máis baixos do Estado
Cobran 11,03 euros, moito menos que os homes galegos (13,36), pero tamén lonxe da media das mulleres asalariadas en toda España (13,1). UGT-Galicia presentou este xoves un informe sobre a fenda de xénero nas retribucións, que se incrementou dende o 2009 e que supera o 24%
A Xunta minimiza o dano causado á "Altamira galega"
Anxo Lorenzo afirma no Parlamento que o destrozo provocado nun petróglifo por un tractor da empresa que xestiona o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro foi "case imperceptible" e négase a responder se vai expedientar a concesionaria.
A universidade privada ocupa o espazo que vai deixando a pública
Os centros públicos españois perderon nos últimos tres cursos case cinco mil docentes e investigadores, os mesmos que contrataron os privados. Nas tres universidades galegas o número de PDI reduciuse nun 7%. A Xunta autorizoulle a CESUGA a impartir este curso dúas titulacións oficiais, que serán catro no 2015-16
Cara á unha candidatura de unidade en Vigo?
A Marea de Vigo debaterá este xoves en asemblea o seu compromiso ético, programa e protocolo de primarias. Unha nova plataforma, Vigo en Común, inicia a súa andaina chamando á "confluencia". Podemos decidirá do 20 ao 25 se participa nun destes dous movementos ou impulsa unha agrupación de electores
Ferrol protesta, na rúa e pola vía administrativa, contra a taxa de saneamento
PSOE, BNG, Esquerda Unida, Marea Ártabra e Podemos, así coma varias entidades sociais, convocan unha concentración para este xoves. Así mesmo, presentarán un recurso administrativo e instan os veciños e veciñas a recorrer individualmente os recibos
"Podería vostede explicarnos que o moveu a premer un botón que nos fixo tanto dano?"
A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C envioulles un correo electrónico a todos os deputados do PP no Parlamento, esixíndolles explicacións sobre o seu voto negativo á proposta que quería asegurar o acceso dos enfermos aos novos tratamentos.
Crece o malestar en Ferrol pola nova taxa de saneamento
O Goberno local aprobou hai meses o cobro duns 70 euros anuais a todas as vivendas para pagar a nova infraestrutura de depuración, a pesar de que a maior parte da cidade aínda non está conectada á nova rede. Varias persoas ameazan con devolver os recibos e crece a demanda de remunicipalización.
"Non pode haber unha sociedade libre se non hai información libre e veraz"
Este xoves preséntase en Marín o Observatorio dos Medios Galegos, un colectivo que realizará un seguimento da actividade dos medios de comunicación e das axudas económicas públicas que reciban. Falamos co seu presidente, Xosé Manuel Albán.