Portas pechadas ás ensinanzas artísticas nas universidades: campo aberto para a privada
A plataforma que agrupa a alumnado e profesorado de Música, Artes Plásticas, Deseño ou Conservación e Restauración esíxelle á Xunta que "exerza as súas competencias" para a integración destas disciplinas no sistema universitario galego. Denuncian a presión dos centros privados
As pensións de xubilación, táboa de salvación dos fogares galegos durante a crise
O nivel de gasto nos fogares que dependen economicamente de persoas de máis de 65 anos mantívose estable dende o 2008, mentres que o resto das familias vían descender a súa capacidade de consumo un 15%
Asbestose: A enfermidade silenciosa
O fotoxornalista e sociólogo ferrolán Roberto Amado vén de publicar Peregrinos del amianto, un texto produto de dous anos de traballo e entrevistas con afectados e expertos. Falamos con el sobre esta doenza que só en Ferrolterra afecta a case catro mil persoas.
"As reválidas no ensino primario son indecentes"
ENTREVISTA Felipe Trillo, profesor de Didáctica da USC, critica a "cultura dos resultados" que se atopa trala aplicación deste tipo de probas estandarizadas, que poden mellorar a "rendibilidade" pero non favorecen os procesos de ensino e aprendizaxe.
A Xunta só ten operativo un helicóptero de extinción de incendios
CIG, CC.OO., UGT e CSIF alertan de que só está dispoñible unha aeronave, con base en Toén (Ourense) que debe cubrir toda Galicia. A pasada semana unha brigada helitransportada de Pontevedra desprazouse en coche para traballar no incendio de Lousame, que queimou 28 hectáreas.
"Temos que pensar non só como se reparte a torta, senón que cantidade de torta nos queda"
ENTREVISTA O economista Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) presenta este martes en Vigo En la espiral de la energía, un repaso histórico á relación da humanidade cos recursos dispoñibles e á conformación da actual civilización industrial en crise polo esgotamento dos recursos.
Deberes urxentes para os novos gobernos municipais: vivenda e loita contra a pobreza
Os crecentes niveis de desigualdade e exclusión e o acceso a unha vivenda digna eran dous asuntos clave nos programas electorais das forzas que gobernarán A Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo ou Pontevedra.
Eu con María Wonenburger, ti co Santísimo Sacramento
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, critica a ausencia dos rexedores de Santiago e A Coruña na cerimonia relixiosa realizada en Lugo. Xulio Ferreiro optou por participar na homenaxe á matemática coruñesa, no primeiro cabodano do seu falecemento
Máis alcaldesas, pero aínda moi poucas: só 38 en toda Galicia
Na pasada lexislatura comezaron 24, pero 31 acabaron ocupando o posto. O incremento eleva a porcentaxe de rexedoras ao 12,1%, pero aínda moi por debaixo da media española.
Jorge Suárez pide un "verán invencible" para o "inverno eterno" de Ferrol
O cabeza de lista de Ferrol en Común converteuse en alcalde co apoio do PSdeG-PSOE e o BNG. "Recibo este bastón de mando para entregarllo de novo á cidadanía", destaca, e pide "unidade" para o "rexurdir" da cidade.
Novas investiduras para novos tempos municipais en Galicia
Os candidatos das plataformas cidadás serán investidos alcaldes este sábado nuns actos con fórmulas novidosas que se abrirán á cidadanía e nos que os movementos sociais terán un importante papel. Así serán os da Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común.
Cemento sobre nove séculos de historia no Castelo de Monterrei
A Plataforma pola Defensa do Castelo cualifica de "desfeita" o resultado das obras que converterán a fortaleza medieval nun hotel de luxo, que cubriron de cemento o seu patio e entrada. Investigadores falan de "lápida a maior gloria da Xunta"