"A ciencia, se está ben contada, interesa"
Gciencia, o xornal especializado en información científica, celebra o seu primeiro aniversario, consolidado como un referente en Galicia, tanto para a comunidade investigadora coma para o público xeral. Falamos con Pablo López, un dos seus responsables
De Galicia a Grecia: Unha viaxe polas alternativas á crise
Xavier Belho está a percorrer en moto os países do sur de Europa, gravando o documental Crisis? What Crisis?, que busca coñecer e facer visibles proxectos colectivos de transformación social. Atopámolo en Cáceres e falamos con el.
"A pesar da retórica sobre a eurorrexión, na práctica seguimos igual. Nós somos máis de facer que de falar"
Falamos con Santiago Veloso, presidente de Ponte nas Ondas!, que este martes recollerá en Barcelona o Premio Ondas á mellor cobertura informativa, un novo impulso á campaña que persegue que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa recoñecido pola UNESCO
Podemos inicia o proceso para constituír a súa estrutura municipal e galega
Despois da constitución formal de Podemos como partido, a pasada fin de semana, comezou a seguinte fase de conformación: a elección dos seus órganos locais (que se votarán a finais de decembro) e de ámbito galego (que se votarán en febreiro)
Proxecto cárcere: 4 anos abrindo portas
A plataforma cidadá que traballa por converter o antigo cárcere provincial da Coruña nun centro cultural público e autoxestionado celebra o seu cuarto aniversario cunha xornada de portas abertas, un mural colaborativo e un acto na libraría Linda Rama. Falamos co seu voceiro, Xosé Lado.
A TVG intenta non pagar polas curtas galegas que emite
O primeiro informe elaborado polo Observatorio do Audiovisual critica as "claras regresións" no investimento da televisión pública en curtametraxes e "un interese nulo" por apoiar este formato. Denuncia os intentos de facerse cos dereitos de emisión sen remuneración para os autores e autoras.
"Rescátame, son unha autoestrada"
O claustro da USC aprobou por ampla maioría os seus primeiros orzamentos dende 2011. As contas asumen o marco fixado pola Xunta e a continuidade dos recortes en persoal. A Trabe esixe un novo plan de financiamento para salvar a universidade.
Unha manifestación denunciará que a Xunta busca a "privatización" dos montes comunais
A marcha, convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a FRUGA, percorrerá as rúas de Compostela este sábado. Acusan o Goberno galego de querer forzar a privatización da xestión das comunidades con débedas.
Derrubar a Casa da Xuventude de Compostela, si ou non?
Unha plataforma protesta contra a eliminación deste criticado edificio, sinalando que "gastar 165.000 euros de diñeiro público en demoler un edificio en plenas condicións de uso non é prioritario nestes tempos". A medida, aprobada por unanimidade no pleno municipal, busca abrir un acceso ao parque de Belvís dende o casco histórico.
Unha wiki galega para visibilizar o papel das mulleres nas TIC
A Facultade de Informática da Coruña promove un concurso, destinado ao estudantado de secundaria, baseado na elaboración de biografías de mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información.
"Se a xente puidese cobrar este ingreso mínimo, isto daríalle seguridade persoal"
Este sábado pecháronse en Teo as xornadas informativas sobre renda básica, organizadas por AGEe e o Colectivo pola Renda Básica Universal de Compostela. Falamos cunha das activistas deste colectivo, a educadora social Eva López Soto
"Unha renda básica universal finánciase a través dunha gran reforma fiscal"
ENTREVISTA O economista Daniel Raventós participa este venres e sábado nas Xornadas informativas sobre a Renda Básica, organizadas en Compostela e Teo por AGEe. Participarán tamén activistas da ODS-Coia ou Baladre.