"Detrás do feísmo hai sobre todo unha falta de interese por protexer o país"
ENTREVISTA Investigadores da USC veñen de publicar unha Guía de campo para a interpretación do feísmo na paisaxe galega, que describe 34 modalidades de agresións á imaxe da contorna. Falamos cun dos seus autores, Pablo Ramil.
As denuncias por violencia de xénero seguen caendo, sobre todo entre as mulleres máis novas
Os casos de mulleres vítimas de violencia machista con orden de protección o medidas cautelares descenderon en Galicia das 1.368 (2011) ás 1.215 (2014). Só se incrementan nas mulleres por riba dos 45 anos.
Paridade? 4 de cada 5 candidatos á alcaldía son homes
Tan só o 21,8% das listas están encabezadas por mulleres e hai 128 concellos nos que todas as candidaturas están lideradas por un varón. Na actualidade só 31 localidades galegas están gobernadas por unha alcaldesa, fronte a 283 rexedores.
Ferrolterra e a área metropolitana de Vigo, desangradas polo paro
Ferrol e Vigo perderon ao redor dun quinto dos seus empregos dende o inicio da crise, un impacto que se estende ás súas áreas de influencia, cunha perda de 12 mil e 42 mil cotizantes, respectivamente, case un terzo dos postos de traballo destruídos en todo o país.
Peinador, perdido entre a néboa
A desactivación do sistema ILS (que seguirá sen funcionar ata xullo) provoca a suspensión de 40 voos en catro días, prexudicando a máis de 4.000 usuarios e usuarias. O aeroporto foi obxecto dunha ampliación que custou 60 millóns. As recentes reformas en Lavacolla, Alvedro e Peinador suman 410 millóns
Sete cidades, sete batallas
Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra e Ferrol suman case un millón de habitantes. Pero, ademais, o voto urbano adoita marcar tendencias e iniciar cambios políticos. Analizamos a evolución das distitas forzas na última década.
Hai unha galega en Venus
Dende 1994 Rosalía de Castro dálle nome a un dós cráteres do planeta, unha proposta do Instituto Fernando Esquío de Neda aceptada pola Unión Astronómica Internacional. Todos os accidentes xeográficos deste astro foron bautizados con nomes de personaxes femininos
Que pasa coa Lei do Voluntariado?
As ONG critican que a norma introducise finalmente unhas disposicións que abren a porta a substituir a traballadores por "man de obra gratis" ou que lles encomenda a tarefa de investigar se os seus colaboradores teñen antecedentes penais
Os días nos que se quixo parar a I Guerra Mundial dende Ferrol
En abril de 1915 celebrouse na cidade o Congreso Internacional da Paz impulsado por militantes anarquistas co obxectivo de deter o conflito. Non trouxo a paz, pero si serviu para reorganizar a CNT, que fora ilegalizada catro anos antes. O Ateneo Ferrolán acolle dous actos en recordo daquel evento.
1º de maio, día (tamén) dos traballadores e traballadoras autónomas
AGTAMAR denuncia que as rendas medias dos autónomos e autónomas galegas (un de cada catro traballadores) e as súas condicións laborais "empeoraron gravemente durante os anos de crise".
"A xente descobre que hai alternativas ás grandes eléctricas e vaise sumando"
A cooperativa de produción e distribución eléctrica Som Energia, con 19 mil socios e socias en todo o Estado -250 en Galicia-, celebra a súa asemblea anual, que aprobará un proxecto de autoprodución eléctrica colectiva. Falamos con Daniel Espiñeira, impulsor do grupo galego.
Bimbo, non sempre tan 'tenro'
O grupo empresarial produtor de pan e derivados obrigou un pequen comercio de alimentación de Vilagarcía, Tenda Galega Bembó, centrado en produtos ecolóxicos, artesáns e delicatessen, a mudar o seu nome. Falamos coa súa responsable, Vanesa Feixó.