"Hai moita xente que aínda está atrapada e que non puido chegar aos centros sanitarios"
Falamos con Felipe Noya, traumatólogo do Hospital Clínico de Santiago e voluntario de Médicos do Mundo, que está viaxando nestes momentos en direccción a Nepal para colaborar nos traballos de rescate e axuda ás persoas afectadas polo terremoto, que causou xa 10.000 mortes.
"Para frear a prórroga a ENCE é importante reactivar a oposición cidadá"
Falamos con Antón Masa, presidente da APDR, sobre o apoio cada vez máis explícito do PP á continuidade da pasteira en Lourizán. Critica as relacións politico-empresariais de dirixentes do PP, comezando pola participación de Rafael Louzán, este martes, na Xunta de Accionistas de ENCE
A oceanógrafa Ángeles Alvariño, protagonista do 'Día da Ciencia en Galicia'
A Real Academia Galega de Ciencias muda a denominación do Día do Científico Galego para darlle "un carácter máis aberto á conmemoración", que se celebrará o 1 de xuño. Alvariño, experta mundial en zooplancto, foi a primeira muller que se embarcou nun buque de investigación británico
O segundo atropelo á triatleta Aída Valiño pon o foco na inseguridade dos cicloturistas
O número de ciclistas mortos nas estradas españolas creceu ata os 79 en 2014, segundo a Asociación Ciclistas Galegos, que esixen o cumprimento das normas de circulación por parte dos condutores
Eu, Escornabot
Un grupo de makers da asociación coruñesa Bricolabs botou a andar hai uns meses un proxecto de robot educativo aberto, que busca iniciar rapaces e rapazas no mundo da programación e a robótica. Falamos cun dos seus impulsores
O Sergas ascende un dos grandes promotores do modelo público-privado de xestión sanitaria
Ramón Ares, novo director de Asistencia Sanitaria, ocupa un posto na directiva de SEDISA, un lobby formado por xestores de centros sanitarios públicos e membros de empresas privadas do sector, que traballa para promover a xestión público-privada.
O índice de mortalidade laboral en Galicia duplica a media española
En 2014 morreron 57 persoas en accidente laboral, unha cantidade só superada por Andalucía (co triplo de habitantes) e por riba da rexistrada en territorios moito máis poboados, coma Cataluña, Madrid ou a Comunidade Valenciana.
Os datos da EPA para Pontevedra desmontan o argumentario de Feijoo sobre ENCE
O PP leva tres meses repetindo que é "a cidade con máis paro de Galicia", o que xustificaría o seu cambio de posición sobre a continuidade da pasteira no interior da ría. A nova enquisa (pouco fiable á hora de amosar datos por cidades) reduce o desemprego pontevedrés do 28,7% ao 24,7%.
Eva Dafonte, premio Ada Byron
O galardón, que entrega o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, recoñece o labor das mulleres no sector das TIC. Esta ourensá de 36 anos traballa no CERN, en Xenebra, nos proxectos do LHC (Gran Colisor de Hadróns)
Galicia, cada vez menos devota
Distintos indicadores, dende a asistencia á misa ata o número de vodas pola Igrexa, pasando pola escolla da materia de Relixión, amosan un rápido descenso da influencia do catolicismo na vida diaria, aínda que a gran maioría da poboación segue definíndose como crente.
X Solidario: Si ou non?
O pasado ano o 54% dos galegos e galegas que fixeron a declaración escolleron esta opción. As ONG defenden a importancia destas achegas para financiar proxectos de vital importancia dos que en moitos casos se desentende o Estado. O 25% dos fondos destínanse a entidades católicas.
Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia
As listas veciñais, cidadás ou de confluencia son máis numerosas na Coruña e Pontevedra, nalgúns casos cunha maior presenza de partidos como Anova, Esquerda Unida ou Podemos, e noutros cunha influencia menor destas forzas.