"As reválidas no ensino primario son indecentes"
ENTREVISTA Felipe Trillo, profesor de Didáctica da USC, critica a "cultura dos resultados" que se atopa trala aplicación deste tipo de probas estandarizadas, que poden mellorar a "rendibilidade" pero non favorecen os procesos de ensino e aprendizaxe.
A Xunta só ten operativo un helicóptero de extinción de incendios
CIG, CC.OO., UGT e CSIF alertan de que só está dispoñible unha aeronave, con base en Toén (Ourense) que debe cubrir toda Galicia. A pasada semana unha brigada helitransportada de Pontevedra desprazouse en coche para traballar no incendio de Lousame, que queimou 28 hectáreas.
"Temos que pensar non só como se reparte a torta, senón que cantidade de torta nos queda"
ENTREVISTA O economista Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción) presenta este martes en Vigo En la espiral de la energía, un repaso histórico á relación da humanidade cos recursos dispoñibles e á conformación da actual civilización industrial en crise polo esgotamento dos recursos.
Deberes urxentes para os novos gobernos municipais: vivenda e loita contra a pobreza
Os crecentes niveis de desigualdade e exclusión e o acceso a unha vivenda digna eran dous asuntos clave nos programas electorais das forzas que gobernarán A Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo ou Pontevedra.
Eu con María Wonenburger, ti co Santísimo Sacramento
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, critica a ausencia dos rexedores de Santiago e A Coruña na cerimonia relixiosa realizada en Lugo. Xulio Ferreiro optou por participar na homenaxe á matemática coruñesa, no primeiro cabodano do seu falecemento
Máis alcaldesas, pero aínda moi poucas: só 38 en toda Galicia
Na pasada lexislatura comezaron 24, pero 31 acabaron ocupando o posto. O incremento eleva a porcentaxe de rexedoras ao 12,1%, pero aínda moi por debaixo da media española.
Jorge Suárez pide un "verán invencible" para o "inverno eterno" de Ferrol
O cabeza de lista de Ferrol en Común converteuse en alcalde co apoio do PSdeG-PSOE e o BNG. "Recibo este bastón de mando para entregarllo de novo á cidadanía", destaca, e pide "unidade" para o "rexurdir" da cidade.
Novas investiduras para novos tempos municipais en Galicia
Os candidatos das plataformas cidadás serán investidos alcaldes este sábado nuns actos con fórmulas novidosas que se abrirán á cidadanía e nos que os movementos sociais terán un importante papel. Así serán os da Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común.
Cemento sobre nove séculos de historia no Castelo de Monterrei
A Plataforma pola Defensa do Castelo cualifica de "desfeita" o resultado das obras que converterán a fortaleza medieval nun hotel de luxo, que cubriron de cemento o seu patio e entrada. Investigadores falan de "lápida a maior gloria da Xunta"
A loita contra a pobreza dende os concellos: orzamento, coordinación e medidas de fondo
As novas corporacións que se constitúan este sábado terán entre os seus principais retos a loita contra a desigualdade e a exclusión social, que afecta ao 23,8% dos galegos e galegas. Falamos con Xosé Cuns (EAPN-Galicia) sobre o que se pode facer dende os concellos
"Vivimos unha época moi especial, na que Internet ía chegando aos poucos"
O documental GPUL: historia de un LUG cualquiera conta en varios capítulos a historia do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) afincados na Facultade de Informática da Coruña, que iniciou a súa actividade en 1998.
"Moita xente de fóra ve máis clara a vantaxe económica do puntogal que os que vivimos aquí"
ENTREVISTA Edita de Lorenzo, directora xeral do Puntogal, valora o primeiro ao de actividade do dominio galego, seis meses en fase aberta. O número de rexistros supera os 2.300. En xullo podería realizarse unha nova acción promocional, semellante á que tivo lugar en maio