"As institucións negáronme o dereito de sufraxio. Pídovos que votedes no meu lugar"
Moitos e moitas persoas residentes de forma temporal no exterior (novos emigrantes, na súa meirande parte) atoparon tantas dificultades para votar que finalmente tiveron que renunciar a facelo. É o caso de Aitor Insunza en Hungría e de Samuel Cebreiro en Croacia.
Ferrol busca nas urnas solucións á súa crise
RETRATOS DE CIDADE José Manuel Rey Varela (PP) obtivo en 2011 a primeira maioría absoluta nunhas eleccións municipais na historia da urbe. Catro anos despois aspira a revalidala, ante unha oposición fragmentada e unha realidade de paro, envellecemento e despoboación que non deixa de empeorar.
"Se no 2015 non atopamos propostas para o territorio, que tipo de paisaxe teremos no 2020?"
ENTREVISTA O arquitecto Carlos Fernández Coto impulsa dende Canibalismo urbanístico, tamén chamado Feísmo unha reflexión colectiva para "concienciar o pobo das desfeitas que levamos tempo facendo no noso país"
A lexislatura do 15M
Este venres celebrouse o cuarto aniversario das manifestacións que deron comezo ao movemento de indignación, convocadas en plena campaña das eleccións municipais de 2011. O 15M tivo dende entón un impacto notable na política galega e española, con efectos que chegan ata hoxe
Filgueira Valverde: entre o ruído e o silencio
Este domingo chegaremos ao epicentro do ano dedicado pola Real Academia Galega ao pontevedrés, unha conmemoración marcada pola polémica que espertou a súa escolla dende o comezo e tamén pola escasa actividade xerada ao redor da celebración.
Fajardo: "Máis que a agresión fascista moléstame a actitude da Policía"
Unha familiar do deputado de AGE e candidato de EU-SON en Vilagarcía foi obxecto de pintadas ameazadoras no seu vehículo e na porta da súa vivenda. "Métese a xente na cadea por facer comentarios en twitter ou defender o dereito á folga, pero neste caso póñenche dificultades para facer a denuncia", di.
Que Día das Letras queremos?
A Facultade de Filoloxía da UDC acolleu este martes un debate ao redor das Visións Alternativas do 17 de maio, no que participaron Ánxela Lema (A Sega), Moncho do Orzán (Ora Galega), Marcos Maceira (A Mesa) e Nel Vidal (CTNL), moderado por Suso de Toro.
'Salvemos Bens' critica que Negreira "engane" ocultando o impacto sobre o parque
O colectivo denuncia que o proxecto do Museo da Automoción "ocupará a totalidade da superficie útil" dunha das maiores zonas verdes da cidade, e acabará co seu actual uso público, de lecer e deportivo. Lanzan un concurso de propostas alternativas para o espazo
Movistar: Un mes de folga, sen reacción da Xunta
Os traballadores e traballadoras galegas das contratas da compañía levan un mes de folga indefinida en protesta pola precarización das súas condicións laborais. A CIG reclama a mediación do Goberno galego, ao que acusan de "ignorar a lei" e de poñerse "do lado" da empresa.
"Ferrol é unha cidade de creadores de cultura, non só de consumidores de pan e circo"
ENTREVISTA O futuro do Ateneo Ferrolán, unha activa entidade cultural nacida en 1879 e reactivada trala ditadura, segue dependendo dun Goberno municipal que esquece a súa responsabilidade na débeda xerada por unha obras propostas dende o Concello. Falamos co seu presidente, Eliseo Fernández
"En galego pode haber excelentes médicas, enfermeiros, biólogas..."
O Servizo de Normalización Lingüística da USC vén de lanzar a campaña Ensinas máis do que cres para fomentar o uso do galego entre o profesorado
"O ministro de Xustiza non desistiu de privatizar o rexistro. A paralización é conxuntural"
Os traballadores e traballadoras galegas do Rexistro Civil manifestaranse este xoves en Compostela e continuarán as mobilizacións ata que o Goberno renuncie ao seu proxecto. Falamos con Pablo Nieves, un dos voceiros da Plataforma Galega en Defensa dun rexistro público