A "recuperación económica" pregoada polo PP repuxo só 1 de cada 10 empregos perdidos
A crise acabou entre 2007 e 2013 con 183 mil postos de traballo en Galicia. Dende xuño de 2013 as afiliacións aumentaron unicamente en 18 mil persoas. O número de traballadores e traballadoras menores de 35 anos caeu un 44% dende 2007 e segue reducíndose.
Como mellorar a aplicación da RISGA, en 9 medidas
A Plataforma en defensa da Profesionalización dos Servizos Sociais (Proserso) elaborou nos últimos meses un documento que analiza a normativa e a aplicación desta renda social e que ofrece unha serie de suxestións para un labor de inclusión máis axeitado.
"Hai que priorizar o rescate das políticas públicas para que volvan estar ao servizo da cidadanía"
ENTREVISTA Falamos con Alexandre Carrodeguas, un dos voceiros da Iniciativa cidadá pola xestión pública e social do ciclo da auga, sobre o proceso de recuperación do control público deste e doutros servizos básicos.
"Necesítanse políticas a longo prazo que faciliten a integración dos refuxiados"
As entidades con experiencia no traballo con asilados e migrantes demandan programas permanentes de acollida, planificados entre as distintas administracións coa colaboración do tecido social. Falamos con Carlos Villar e Patxi Hurtado (Ecos do Sur) e con Lorena Seijo (Agareso)
Ferrol auditará e levará á Fiscalía a xestión de Urbaser en Emafesa
O Goberno local, que levará a pleno a derrogación da taxa de saneamento o vindeiro 17 de setembro, atopa fortes resistencias da empresa do Grupo ACS aos intentos de fiscalización. Urbaser, que ocultou unha visita de Augas de Galicia á depuradora, bloquea o cese do xerente
"O Chanfaina Lab consegue empoderar a xente do rural"
Esta fin de semana celebrouse en San Sadurniño a segunda edición desta iniciativa, na que 24 creadores audiovisuais gravaron cadansúa curtametraxe coas xentes e as paisaxes deste concello como protagonistas. Falamos con Sabela Íñiguez, concelleira de Cultura, e Manolo González, creador do proxecto
Construír ou rehabilitar? Depende da crise
Dende 2012, o número de inmobles de obra nova e rehabilitados en Galicia practicamente igualouse, fronte a un ratio de 5 edificios novos por 1 recuperado nos anos anteriores
"O lobby taurino está sendo afogado economicamente, é necesario suprimir de vez o convenio"
ENTREVISTA O 8 de agosto unha manifestación pedirá en Pontevedra a fin das touradas na cidade, máis debilitadas ca nunca trala supresión das da Coruña e Sarria e a eliminación das subvencións da Deputación. Falamos con Borxa González, un dos voceiros de Touradas Fóra de Pontevedra
Ano de seca: De decembro a xullo choveu un 50% menos
A Xunta mantén activada a prealerta por seca hidrolóxica e insta a poboación e concellos a "facer un consumo responsable" da auga, reducindo o seu consumo "na medida que sexa posible". Os encoros manteñen un nivel elevado, máis baixo nos situados en Ourense.
"O sucedido permite abrir unha nova vía para a remunicipalización, por incumprimento do contrato"
ENTREVISTA Unha vez superada a crise de saúde pública que durante tres días deixou sen auga potable a 150 mil persoas en Ferrolterra, é tempo de buscar responsabilidades e de analizar as consecuencias para a propia xestión do servizo. Falamos co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez
A crise da auga en Ferrol leva ao primeiro plano o debate sobre a remunicipalización
Unha enquisa amosaba este domingo un apoio do 67% dos habitantes da cidade á recuperación para a xestión municipal dos servizos externalizados ou privatizados. Ferrol en Común levaba no seu programa a medida e este mesmo domingo o alcalde, Jorge Suárez, reafirmábase na demanda.
A confluencia en Galicia: Seguir fortalecendo un espazo común, xerar un 'momentum' de cambio
Marcos Pérez Pena