As mulleres galegas teñen os salarios por hora máis baixos do Estado
Cobran 11,03 euros, moito menos que os homes galegos (13,36), pero tamén lonxe da media das mulleres asalariadas en toda España (13,1). UGT-Galicia presentou este xoves un informe sobre a fenda de xénero nas retribucións, que se incrementou dende o 2009 e que supera o 24%
A Xunta minimiza o dano causado á "Altamira galega"
Anxo Lorenzo afirma no Parlamento que o destrozo provocado nun petróglifo por un tractor da empresa que xestiona o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro foi "case imperceptible" e négase a responder se vai expedientar a concesionaria.
A universidade privada ocupa o espazo que vai deixando a pública
Os centros públicos españois perderon nos últimos tres cursos case cinco mil docentes e investigadores, os mesmos que contrataron os privados. Nas tres universidades galegas o número de PDI reduciuse nun 7%. A Xunta autorizoulle a CESUGA a impartir este curso dúas titulacións oficiais, que serán catro no 2015-16
Cara á unha candidatura de unidade en Vigo?
A Marea de Vigo debaterá este xoves en asemblea o seu compromiso ético, programa e protocolo de primarias. Unha nova plataforma, Vigo en Común, inicia a súa andaina chamando á "confluencia". Podemos decidirá do 20 ao 25 se participa nun destes dous movementos ou impulsa unha agrupación de electores
Ferrol protesta, na rúa e pola vía administrativa, contra a taxa de saneamento
PSOE, BNG, Esquerda Unida, Marea Ártabra e Podemos, así coma varias entidades sociais, convocan unha concentración para este xoves. Así mesmo, presentarán un recurso administrativo e instan os veciños e veciñas a recorrer individualmente os recibos
"Podería vostede explicarnos que o moveu a premer un botón que nos fixo tanto dano?"
A Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C envioulles un correo electrónico a todos os deputados do PP no Parlamento, esixíndolles explicacións sobre o seu voto negativo á proposta que quería asegurar o acceso dos enfermos aos novos tratamentos.
Crece o malestar en Ferrol pola nova taxa de saneamento
O Goberno local aprobou hai meses o cobro duns 70 euros anuais a todas as vivendas para pagar a nova infraestrutura de depuración, a pesar de que a maior parte da cidade aínda non está conectada á nova rede. Varias persoas ameazan con devolver os recibos e crece a demanda de remunicipalización.
"Non pode haber unha sociedade libre se non hai información libre e veraz"
Este xoves preséntase en Marín o Observatorio dos Medios Galegos, un colectivo que realizará un seguimento da actividade dos medios de comunicación e das axudas económicas públicas que reciban. Falamos co seu presidente, Xosé Manuel Albán.
Os enfermos de hepatite revelarán os nomes dos membros da comisión que decide o seu tratamento
A Plataforma Galega de Afectados dálle 48 horas á Consellaría para revelar os seus nomes. O PP vota en contra dunha proposición que pedía garantir o acceso ao Sovaldi segundo os criterios dos médicos, o que provoca o anoxo dun grupo de afectados, que acaban expulsados do Parlamento
"Estamos vendo dous xornalismos: Un que nace e outro, correa de transmisión do poder, que morre"
ENTREVISTA O viveirense Víctor Sampedro, catedrático de Opinión Pública e Comunicación Política na Universidad Rey Juan Carlos, presenta este mércores e xoves en Compostela, Ourense e Marín o seu libro O cuarto poder en rede (Abooks)
O turismo cultural perde peso en Galicia
O CCG presenta un informe con datos de 2013 e 2014 que alerta do descenso de visitantes, tanto españois coma extranxeiros, por motivos culturais, e tamén da redución do gasto medio que estes realizan
Opoñerse a ENCE: Cartón vermello e expulsión
O barco que liderada a I Regata Interclubes Ría de Pontevedra - Premio Deputación de Pontevedra foi descualificado por levar a mensaxe No a Celulosas nas súas velas. Falamos co patrón da embarcación, Juan Carlos Pérez Olmedo