Seis concellos galegos afrontan demandas xudiciais por manter simboloxía franquista
O avogado Eduardo Ranz esixe aos municipios de Meira, Lugo, O Porriño, Pontevedra, Beade e Ourense a retirada de vestixios do franquismo antes de levalos á xustiza. Unha demanda idéntica rematou en Olmedo (Valladolid) coa primeira sentenza por incumprimento da Lei de Memoria Histórica
Arte na rúa para implicar os mozos na memoria histórica
O profesor norteamericano John Thompson leva a cabo en Fene o proxecto 'Pinta pasado, crea futuro', que culminou nun mural sobre a memoria histórica elaborado por mozos de entre 15 e 18 anos, insipirado no "novo xénero de arte pública" impulsado nos anos 70 en Los Ángeles.
Podemos cede e diluirase na Marea para as autonómicas
A intervención a última hora de Pablo Iglesias, que anunciou nun chío un acordo "sexa cal sexa a fórmula", foi clave para confirmar a alianza. A formacióm morada renuncia ás súas siglas, intégrase no partido instrumental, celebrará primarias conxuntas e acepta a Villares como candidato.
Galicia mantense no podio mundial do fútbol gaélico
O equipo masculino tan só perde dous partidos do torneo, ante as dúas seleccións finalistas, e acada un terceiro posto no Mundial celebrado en Dublín. O combinado feminino tamén gaña a fase de consolación e faise coa Shield Cup.
En Marea e Podemos, incapaces de chegar a un acordo
A negociación remata sen alianza pola "diferenza insalvable" da fórmula xurídica. O espazo de confluencia mantén a súa firme aposta polo partido instrumental como única opción e abre a porta a que o partido morado, que asume "concesións", acabe integrándose.
Echenique apura un acordo con En Marea, que descarta de vez a coalición
O secretario de Organización de Podemos chega a Galicia na busca dun pacto de última hora tras pecharse os prazos de inscrición nas primarias de ambas formacións. A confluencia só dará tempo "extraordinario" a Podemos para participar no proceso se acepta diluírse na Marea. De non facelo, irán por separado.
Galicia consolida o seu status mundial na meca do fútbol gaélico
As seleccións galegas participan por segunda vez nos Xogos Mundiais da GAA, desta vez en Dublín, logo do subcampionato masculino do pasado ano en Abu Dhabi. Este deporte irlandés, nado hai cinco anos no país, conta xa con máis dunha ducia de clubs.
Así penaliza o Sergas elixir a sanidade pública
El Defensor del Paciente ameaza con levar a Sanidade á Fiscalía polo caso dunha paciente que leva máis de un ano agardando por unha operación de columna que fora declarada prioritaria. A afectada foi castigada por reclamar ser intervida nun centro público e denunciará ante a xustiza.
Pontón pide apostar polo BNG por ser "un proxecto fiable e definido"
Presenta a candidatura por Pontevedra e destaca que o Bloque "configurou as listas dende abaixo e elixidas pola militancia nun proceso aberto, participativo e transparente e cun amplo consenso"
O tratamento da hepatite C en Galicia: 3.199 doentes e non tan punteiro
Sanidade tratou máis de 3.000 enfermos desde a implantación do Plan Estratéxico do Ministerio, o 6,8% do total de atendidos no Estado e case o equivalente ao peso poboacional do país no Estado malia a fachenda da Xunta. A efectividade do tratamento é do 95%.
En Marea lanza as primarias e advirte a Podemos: "Este é o proceso"
Ferreiro e Noriega aseguran que a confluencia "non vai volver atrás para establecer negociacións entre cúpulas" e avisan de que "non hai espazo para dous procesos". "A xenerosidade non se pode confundir coa submisión", di o alcalde de Compostela.
O Supremo pon fin ao veto da Xunta aos eólicos no mar máis achegado á costa de Galicia
O alto tribunal anula a sentenza da Audiencia Nacional que permitira a protección das augas máis achegadas á costa e impedía a futura instalación da eólica offshore. O ditame abre a porta aos muíños de vento nas denominadas "augas interiores".