A clínica que practica os abortos non atendidos no Sergas ameaza con rachar o convenio
A Consellería de Sanidade respondeu á denuncia dunha parella pola imposibilidade de realizar un aborto euxenésico en Galicia cunha demanda ao centro de Madrid a onde deriva as mulleres. Afectados e clínica amosan o seu malestar ante a Xunta por "lavar as mans e botar balóns fóra".
Sanidade responde ás críticas denunciando a clínica de Madrid onde envía as mulleres a abortar
Unha parella envía unha carta ao conselleiro criticando o "desleixo" do Goberno e "as molestias físicas e psicolóxicas" sufridas ao levar a cabo un aborto euxenésico a 600 quilómetros e sen alternativa en Galicia. A Xunta "lava as mans" e responde demandando o centro co que ten convenio.
A fusión da xestión do 061 coa dos servizos non sanitarios alerta o seu persoal
A Xunta prevé no novo centro da Estrada a "integración operativa" dos distintos números de emerxencia. O persoal sanitario advirte do "desmantelamento" e do "grave deterioro" que suporía este cambio de modelo para a atención médica da cidadanía.
Moreas de denuncias pola ausencia de papeletas de En Marea para votar por correo
A formación política e Marea Granate reciben moreas de queixas de votantes residentes no estranxeiro que reciben a documentación para votar pola circunscrición de Pontevedra sen a opción da confluencia galega.
O vídeo da loita veciñal na rotonda de Coia: contra a represión e o esquecemento
A Asemblea Aberta do barrio vigués lanza un avance da curtametraxe que repasa a resistencia dos veciños ante a polémica operación e que coincidirá coa petición oficial de cadea e elevada multa a un dos activistas imputados tras unha protesta. Vídeo no interior.
Ferreiro: "Pasaron de non crer que puidésemos estar na alcaldía a vernos como o inimigo a bater"
ENTREVISTA Xulio Ferreiro fai balance do seu primeiro ano como alcalde da Coruña, recoñécese "satisfeito" pero advirte de "cambios máis profundos e de maior transformación social". "Fixemos moito máis que retirar placas ou abolir as touradas, pero o foco das críticas estivo aí", di.
A empresa que proxectaba en Trazo unha planta de residuos de Sogama cancela o proxecto
A firma solicitara xa hai meses a autorización ambiental pero o Concello non o advertira ata que a veciñanza alertou do posible impacto económico e medioambiental. O alcalde atribúese a suspensión da iniciativa pero os veciños atribúena á mobilización social.
A "estratexia do conflito" das empresas de Florentino Pérez en Galicia
Fiscalía e Albada -do grupo ACS- solicitan penas de prisión para o comité de folga nunha das últimas disputas laborais xudicializados pola construtora, cuxas filiais acumulan expedientes, denuncias e batallas xurídicas no país. "Viven do conflito e polo conflito", din os sindicatos.
A poboación de velutina seguirá a aumentar no verán malia preverse un menor impacto
A Asociación Galega de Apicultores está a rematar a campaña coa que prevía eliminar 30.000 raíñas. A destrución de niños primarios, o labor dos expertos, o aumento nos medios por parte das administracións e a maior concienciación social reducen a agresividade da praga de vespa asiática.
Cosmos, Alcoa, Repsol, ENCE e as térmicas: os grandes contaminantes do aire galego
A área achegada á fábrica de cementos é o punto do Estado con máis contaminación por dióxido de xofre, tamén con altos niveis en Arteixo, A Coruña, A Mariña, Pontevedra, Meirama ou As Pontes. Galicia segue a respirar aire sucio, segundo o informe de Ecologistas en Acción.
Gómez Noya engade outro galardón a unha carreira de lenda
O triatleta galego vén de ser galardoado co Premio Princesa de Asturias polo seu "brillante palmarés" e o seu "espírito de superación" a poucas semanas de afrontar a conquista da medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Rio.
O Sergas, condenado por unha operación que deixou incapacitada unha mariscadora
A muller foi operada dunha man sen o seu consentemento e "sen que existisen evidencias da súa indicación", o que obrigou a outras catro intervencións que derivaron na súa incapacidade absoluta. A Administración deberá pagarlle 60.000 euros pero a afectada recorrerá a sentenza.