A lei que veta o eucalipto en Portugal entra en vigor neste inverno
A maior pasteira lusa prevé expandirse en Galicia ante os atrancos á plantación que supón a reforma forestal, que se aplicará a partir de marzo. A nova norma só permite a arborización controlada se implica a recuperación doutra área para uso agropecuario ou para especies autóctonas
O Courel: un médico e unha enfermeira a quendas para dous centros de saúde
Folgoso queda sen a metade do persoal médico no verán ao non cubrir a Xunta os postos dos profesionais de vacacións. A veciñanza recolle máis de 500 sinaturas contra a falta de recursos na sanidade pública, unha situación repetido no rural, e teme que a nova Lei de Saúde aínda o empeore
Masificación nas Cíes: "Hai días nos que a illa parece unha feira"
Traballadores e habituais no arquipélago denuncian o exceso de xente durante o verán. "Hai que agardar fila para calquera cousa", din sobre unha sobreexplotación que advirten que se ten producido este mesmo venres, só uns días despois das denuncias ás navieiras por levar visitantes de máis
A Xunta rexeita as alegacións e acelera a megaplanta de biomasa en Curtis
A Consellería de Medio Ambiente desbota as peticións de entidades ecoloxistas para unha avaliación ordinaria e a fondo do impacto ambiental e da sustentabilidade do proxecto, que segue adiante tras unha análise simplificada
O PP teima en mudar a lei e rexistrará a proposta para que goberne a lista máis votada
Inclúea entre as iniciativas para a reforma da Loreg, cuxo debate comeza en setembro no Congreso. A medida fora defendida polos populares nas últimas campañas das xerais, seguindo o ronsel de Feijóo, que a lanzou moito antes e presume de ser o pai da idea para vetar gobernos de coalición
'Memorajoj de kampara knabo': 'Memorias dun neno labrego', tamén en esperanto
O filólogo e profesor vigués Suso Moinhos publica nesta lingua internacional a obra de Neira Vilas e cumpre así coa promesa que lle fixera ao autor antes do seu falecemento.
"Falta vontade política; cunha maioría no Congreso podemos recuperar o Pazo de Meirás"
ENTREVISTA | Benito Portela, alcalde de Sada, vén de facer un chamado para que o pleno extraordinario convocado este sábado sexa "un acto cidadá para rematar coa vergoña". "Os que non apoiaron recuperar o BIC igual se decatan agora do que é ter os Franco de donos", di nesta conversa
O presidente luso dá luz verde á reforma forestal que impulsa a Navigator a expandirse en Galicia
Rebelo de Sousa avala con "reparos" a mudanza lexislativa que conxela a produción de eucalipto en Portugal e que leva a maior industria papeleira do país a instalarse en territorio galego. A antiga Portucel non desmente os plans pero aclara que agardará a que a nova lei sexa aprobada de vez.
Ofensiva institucional e social para que os Franco devolvan o Pazo de Meirás
A Deputación da Coruña, o Concello de Sada, outros municipios e entidades pactan "iniciar o proceso para recuperar o BIC para o patrimonio público" e conforman unha Xunta pro Devolución. O alcalde sadense convoca un pleno extraordinario o sábado para reclamar a xestión das visitas
A maior pasteira lusa prevé expandirse en Galicia tras o veto ao eucalipto en Portugal
Navigator responde á nova lei que conxela a produción desta especie co freo á actividade no seu país e a aposta polos montes galegos para producir madeira. A antiga Portucel xa pensa en establecer “uma base forte no norte de Espanha, na Galiza”
Meirás: a punta do iceberg do macroespolio do que se lucran os Franco
O Pazo é a propiedade máis destacada das moitas coas que o ditador se fixo durante a ditadura na área da Coruña. A súa familia vendeu e sacou importantes beneficios de boa parte dun patrimonio que inclúe terreos, inmobles e numerosas obras de arte usurpadas á poboación
A oposición ve a porta aberta a máis recortes na redución de áreas sanitarias que prepara a Xunta
En Marea, PSdeG e BNG critican o anteproxecto que reduce de once a sete as áreas sanitarias. Censuran que se presente en pleno agosto "pola porta de atrás" e cren que "prioriza o criterio económico" e que supón a "perda de xestión directa da atención primaria"