Almuiña intenta frear o escándalo da hepatite C e carga contra a "demagoxia" da oposición
"Poderán manipular os mortos, pero os datos están aí", asegura o conselleiro na Cámara, onde a oposición o cualificou como a "voz do amo" e acusou a Feijóo de "covardía" por non dar conta do atraso ou veto de medicación que denuncia a Fiscalía.
Novos papeis de Corcoesto apuntan un "trato de favor" da Xunta á empresa mineira
A SGHN remite ao TSXG documentación sobre a tramitación ambiental que revela como a Administración "minimizou" danos e riscos que mesmo "desapareceron" respecto do informe inicial. A organización pide que se "rexeite" o recurso da empresa á cancelación do proxecto.
Noruega aposta por "artimañas" para demorar a vía xudicial dos mariñeiros galegos
O Goberno nórdico alega agora defectos de forma na demanda dos afectados para, segundo Long Hope, "cansar" os xubilados que reivindican o pagamento das súas pensións.
Mareas en Común apreman os partidos a usar o seu espazo para artellar a confluencia
Fixan no 7 de maio o inicio da Marea Viva, espazo onde pretenden construír a candidatura de unidade cara ás autonómicas, e aclaran que non queren ser "un axente", senón "achegar o lugar para garantir a participación e a transparencia" do proceso.
A Xunta enxalza a ligazón de Galicia e Bos Aires mentres o Centro Galego languidece
A histórica institución, intervida xudicialmente desde 2012, continúa en perigo mentres os traballadores reclaman solucións urxentes e os socios que volva ás súas mans como "lexítimos donos". Martiño Noriega, de visita en Bos Aires, amosa a súa esperanza de que se "regularice a súa situación"
O TSXG ratifica que o Sergas encadea contratos do seu persoal cunha "vía fraudulenta"
Desestima o recurso da Xunta e confirma a sentenza que ordena repor unha auxiliar no seu posto de traballo tras non renovala ao caer enferma. A afectada sufriu unha "sucesión concatenada e ininterrompida" de contratos temporais para "ocultar unha contratación indefinida".
"A Xunta non calibrou que atrasando a medicación para aforrar podía morrer xente"
ENTREVISTA Evaristo Varo, xefe da Unidade de Transplante Abdominal do CHUS e voceiro de Batas Blancas, asociación que denunciou o atraso no tratamento da hepatite C, atendeu persoalmente varios dos afectados pola demora no tratamento. "Feijóo non merece o posto que ocupa", di.
Nova documentación suma dúbidas sobre a relación da Xunta coa mineira de Corcoesto
A SGHN enviará ao TSXG documentos sobre os "renglóns torcidos" que se produciron no visto e prace ambiental ao proxecto por parte do Goberno galego e Amigos da Terra pedirá á Fiscalía unha "exhaustiva investigación". A Administración medita se emprender accións legais contra a firma.
A mineira de Corcoesto racha o seu idilio coa Xunta acusando a Feijóo de corrupción
O presidente de Edgewater asegura nun correo incluído na demanda contra o Executivo galego que "amigos do presidente" lle pediron subornos e compara o trato do Goberno galego co que lle deron en Venezuela. Tamén alude a presións para contratar empresas ou colocar directivos.
As anpas volven pedir ás familias que non manden o alumnado a facer as reválidas
Recoméndanlles que non envíen os seus fillos á escola nos días que se celebran as polémicas probas, que consideran "inútiles" e causantes dun "estrés innecesario" aos pequenos. Case 45.000 alumnos de 3º e 6º de Primaria están convocados á avaliación no mes de maio.
VÍDEO | Manuel García: "Á miña muller matárona os recortes, deixárona morrer"
ENTREVISTA Manuel García é o viúvo de Isolina Sánchez, unha muller que padeceu durante anos hepatite C e faleceu agardando o tratamento
Así é o 'programa de mínimos' das Mareas en Común
O espazo que agrupa as candidaturas municipalistas defende o "dereito a decidir", Galicia como "suxeito político", un modelo económico alternativo, un sistema fiscal "altamente progresivo", a "recuperación dos bens comúns", a participación cidadá e unha firme defensa do galego.